INICIATIVAS, IDEAS, PROPOSTAS

 

O Colectivo Ecoloxista do Salnés quere propoñervos a seguinte idea:

Propoñer en todas as vilas e nos diversos edificios públicos ou privados, que se dispoña un pequeno espacio para instalar unha placa permanente e conmemorativa, de cor negra e coas letras grandes en branco “ NUNCA MÁIS” incluíndo en pequeno e na parte de abaixo á dereita “Prestige, 13 de novembro 2002”. A ubicación da placa podería ser moi variada en edificios, plazas, muros, en lugares visibles, sen excederse. Consideramos axeitadas unhas dimensión pequenas 30x20 cm.

Esta proposta pretende facernos recordar no futuro un tempo no que todos sufrimos e fumos testigos da destrucción do noso mar, pero tamén da irmandade da solidariedade e, sobre todo do sentimento de vinculación coa nosa natureza, fonte de vida para nós e para os que virán no futuro.

Joaquín Rodríguez Pomares

Presidente do Colectivo Ecoloxista do Salnés