SEGUNDA MAREA GAITEIRA EN VIGO

 

A Plataforma Burla Negra está tratando de organizar unha manifestación "Marea Gaiteira" en Vigo, similar a celebrada o pasado venres dia 6 de decembro en Santiago de Compostela na que se xuntaron mais de 20.000 persoas do noso gremio.

Convocanse a todolos grupos musicais de Pontevedra, Bandas de gaitas, Orquestras Sinfonicas, Bandas de Musica, Orquestras de Bailes, Corais, Rondallas, Grupos de Danza, Grupos de Pandereteiras, Charangas, Grupos de Rock, Folk, Jazz, Blues, etc... que estean interesados en participar activamente na organizacion da Manifestacion para que envien a un representante á Asamblea de Musicos que tera lugar o vindeiro xoves dia 12 de decembro (mañan) na Asociacion de Veciños Santa Maria de Cabral as 20:30 horas.

Na Asamblea trataranse de decidir os seguintes puntos:

· Decidir dia, hora e percorrido da manifestacion (propoñemos o sabado dia 21 as 19:00 horas dende a Praza de España ata a Porta do Sol).
· Decidir o contido da nota de prensa.
· Organizar grupos de traballo para notificar a convocatoria as autoridades (Delegacion do Goberno e mais Concello de Vigo), a prensa (rolda de prensa), e a todalas agrupacions musicais de Galicia, Asturias, Norte de Portugal e resto de España. Pegada de carteis, etc. Seleccionar persoas "relevantes" para encabezala manifestacion. Decidir o contido do manifesto que se leera o fin da marcha e as persoas "relevantes" que o leeran.

Graciñas, NUNCA MAIS!