ELECCIÓNS SINDICAIS 2025
Tes unha carga de traballo que case non che deixa respirar?
Hai persoal de baixa no teu servizo que non se substitúe?
A xerencia non ve a importancia de que o traballo saia en tempo e forma?
Tes a impresión de que a túa carreira profesional está estancada?
Es persoal contratado ou interino con moita experiencia e formación pero o teu traballo carece de estabilidade e non se valora?
Ves como crece a administración paralela para saltarse controis e evitar investir nos servizos?
Teletraballabas durante a pandemia pero agora non che ofrecen esa posibilidade?
Non che ofrecen unha oferta formativa que se adapte ás túas funcións e desenvolvemento profesional?
O PTXAS é o piar no que se apoia á universidade. Se non se coida toda a estrutura pode colapsar.
Vemos como cada vez se nos esixe máis pero non se nos dan medios para cumprir con esas exixencias: Servizos infradotados, baixas e vacantes sen cubrir, novas funcións e programas para as que non se imparte formación. En resumo, que non se nos valora.
Ten que recoñecerse a importancia do noso traballo, o que asumimos e o que poderiamos facer se nos deran oportunidade e medios.
O establecemento dunha carreira profesional, xunto coa estruturación e dotación axeitada dos servizos podería ser unha boa ferramenta para equilibrar a túa carga de traballo e para darche opcións de promoción laboral e desenvolvemento profesional.
Con isto poderiamos atender ás promocións pendentes e ao persoal que a día de hoxe ten dificultades para promocionar. Por outra banda poderiamos reducir a administración paralela.
Para poder desenvolver a túa carreira profesional cómpre contar cun bo plan de formación, adaptado ao teu posto de traballo. Deberían ofrecerse contidos técnicos, normativos e incluso de habilidades directivas como xa se facía hai anos. Tería que fomentarse a formación asíncrona para que todos podamos acceder a esa formación independentemente da nosa situación. Así mesmo sería moi enriquecedor fomentar as mobilidades de PTXAS. Os compañeiros que xa foron trouxeron ideas que de poder aplicalas mellorarían o noso traballo.
A pandemia obrigounos a teletraballar sen nin sequera ter tempo para prepararnos. Aínda así a universidade funcionou sen maior problema. En moitas administracións e incluso nas empresas privadas tanto o teletraballo como a flexibilidade horaria son agora a norma e non só como unha medida de conciliación. Entón, por que non ía ser o caso tamén da nosa universidade?
Para poder desempeñar o noso traballo ten que haber un bo clima laboral e non poderá habelo se non se cobren axeitadamente as baixas e vacantes. Así mesmo ten que haber medidas efectivas de prevención do acoso laboral.
Tamén cómpre unha revisión da acción social para que sexa xusta e equitativa.
Por último tamén é importante coidar a nosa saúde e forma física, aumentando as probas que se inclúen no recoñecemento médico como revisións xinecolóxicas e uroprostáticas.
A universidade de Vigo xa conta con 35 anos de vida e cada vez hai máis compañeiros que se achegan a idade da xubilación. Cómpre que a universidade recoñeza a súa experiencia coa posibilidade dunha xubilación parcial coa que poder transmitir os seus coñecementos ás novas xeracións.
A sección sindical de CCOO da UVigo é tan vella como ela. Aínda que non formábamos parte da xunta de persoal nos últimos anos, nalgún momento chegamos a ter a súa presidencia.
No comité de empresa sempre tivemos unha posición destacada e fomos parte de moitas loitas polos dereitos dos traballadores. Foi memorable o caso “do Peche” na que moitos compañeiros acamparon durante máis de 50 días diante da porta do despacho do reitor para pedir un convenio xusto.
A última loita foi a da funcionarización do persoal laboral coa que conseguimos que todo o PTXAS se convertese nun só colectivo.
Sempre consideramos importante ser independentes para defender ao persoal. Non poderiamos defendelo ao mesmo tempo que apoiamos a un reitor ou outro.
Porque cremos nunha universidade pública que recoñeza o esforzo do seu persoal. Cremos na igualdade de oportunidades, na xustiza social e na igualdade entre homes e mulleres como eixo de cambio. E sobre todo, cremos en todas as persoas que fan posible que esta universidade siga en pé, malia a falta de recursos e de recoñecemento por parte da xerencia.
Sabemos de onde vimos e cara a onde queremos ir. Seguimos aquí, como sempre, para defender o que é de todos e todas.
Gustaríache traballar nun lugar onde se valore a túa formación e experiencia con oportunidades de promoción, onde o esforzo de todas as persoas estea equilibrado e onde non exista administración paralela?
Para iso perseguiremos, entre outras, os seguintes obxectivos:
Asunto: Titorial edición colaborativa de documentos con Office 365
Como seguro que algunha vez tiveches que redactar un documento de xeito colaborativo con membros do teu servizo, imos ver como podemos facelo coas ferramentas de Office 365. Con estas ferramentas teremos unha colaboración en tempo real que mellora a comunicación e a eficiencia, e evita os problemas de versións múltiples e desactualizadas que se producen ao usar unha unidade de disco compartido ou ao enviar versións por correo electrónico.
Para poder colaborar nun documento, primeiro cómpre crear un equipo no que todos os participantes teñan acceso.
Estas ferramentas tamén nos permitirían:
Pero iso quedará para futuros titoriais.
Póñovos este tutorial xa que por máis que busquei a oferta formativa da universidade para PAS non atopei nada parecido.
Só cheguei a está páxina:
https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/mellora-tua-formacion
Nela vexo unha convocatoria do 2024 onde só aparece unha acción formativa e un curso de edición de imaxes.
Tamén busquei na EGAP, xa que parece que tamén organiza cursos para as universidades. O único parecido que atopei foi un curso do ano 2023.
Unha de dúas, ou eu non me entero ou non hai unha oferta formativa que se axuste ás necesidades do persoal da universidade.
Hai anos non só había cursos de ferramentas ofimáticas, incluso había cursos de habilidades directivas como liderado ou resolución de conflictos. Moitas das persoas coas que coincidín neses cursos dicían que eran cursos aos que tiñan que ir os nosos xefes e xefas. Ao final moitos deles terminaron converténdose en xefes.
Todos estes cursos formaban parte dunha planificación feita pola universidade cun obxectivo evidente de mellorar a capacitación do seu persoal.
Actualmente, o único xeito de obter formación específica para algúns postos é buscar os cursos ti mesmo, tendo que desprazarte diariamente ao centro onde se imparte a formación. Isto supón un custo por alumno posiblemente maior que se a formación estivese dispoñible para todo o persoal da universidade.
Por iso esiximos:
Un día tranquilo e concentrado.
Onte había moito ruído no servizo. Viñeron moitas persoas con problemas, algúns cun enfado considerable (eu tamén estaría enfadado no seu caso) e os teléfonos non deixaron de soar. Non fun quen de avanzar o meu traballo nin de preparar a videoconferencia de hoxe.
Esta mañá xa non había ruído nin enfados. Tiven tempo de preparar a reunión que puidemos realizar sin ningunha interrupción nin interferencia. Despois tempo de ordear as notas e organizar o reparto de traballo.
Mentres me tomo un café para descansar un rato, lle dou algún mimo ao meu fillo que está malo na cama.
Ao rematar comento cunha compañeira o resultado da reunión. Unha expresión de alivio, por fín ía ter solución o problema polo que o servizo estaba cheo de xente enfadada! A miña compañeira me pregunta polo meu fillo e me espeta: “Con vinte anos e de Erasmus en Berlín e tempo de deixar os mimos”. Despídese: “Menos mal que quedaches na casa para a videoconferencia. Aquí sería imposible”.
Como empecei a traballar unha hora antes (á hora que tería que saír de casa para ir á Universidade) din a miña xornada por rematada tamén unha hora antes. Polo tanto decidín preparar algo especial para comer mentres vía pola fiestra a Martiño zoando.
A pandemia obrigounos a teletraballar sen nin sequera ter tempo para prepararnos. Aínda así a universidade funcionou sen maior problema. En moitas administracións e incluso nas empresas privadas tanto o teletraballo como a flexibilidade horaria son agora a norma e non só como unha medida de conciliación. Entón, por que non ía ser o caso tamén da nosa universidade?
Para poder desempeñar o noso traballo ten que haber un bo clima laboral e non poderá habelo se non se cobren axeitadamente as baixas e vacantes. Así mesmo ten que haber medidas efectivas de prevención do acoso laboral.
Tamén cómpre unha revisión da acción social para que sexa xusta e equitativa.
Por último tamén é importante coidar a nosa saúde e forma física, aumentando as probas que se inclúen no recoñecemento médico como revisións xinecolóxicas e uroprostáticas.
—--> Correo clima laboral
Asunto: Os empregados leais son selectivamente e ironicamente obxecto de explotación (DOI: 10.1016/j.jesp.2022.104442)
Stanley, M. L., Neck, C. B., & Neck, C. P. (2023). Loyal workers are selectively and ironically targeted for exploitation. Journal of Experimental Social Psychology, 106, 104442. https://doi.org/10.1016/j.jesp.2022.104442
Resumo: A lealdade é vendida como un principio moral, ou virtude, que merece a pena ser posto como exemplo nas relaccións empresariais. Pero é sempre beneficioso ser leal? Investigamos posibles consecuencias negativas de ser leais no traballo. En vez de protexelos e premialos, os empregados leais son selectiva e irónicamente obxecto de explotación por parte dos directivos (Estudos 1-2). [...]
Levamos xa un días de campaña na que os primeiros postos da lista de CCOO intentamos chegar aos vosos postos de traballo para coñecer de primeira man as condicións nas que realizades as vosas funcións e cales son as vosas inquedanzas.
Quédanos só o martes e vannos quedar bastantes de vós por escoitar. Contade co noso compromiso de facelo en canto poidamos.
Así e todo está sendo unha experiencia moi enriquecedora. Aínda que moitas das cousas que escoitamos xa as sabíamos en certa medida, non é o mesmo escoitalo en persoa e nos vosos locais de traballo (algúns impecablemente decorados por vós e cunhas vistas impresionantes, outros pequenos e sen ventanas).
O que estamos sacando en claro ben podería formar parte do estudo que achego: Atopamos persoal que demostra unha lealdade impecable á súa misión nesta Universidade Pública que irónicamente é obxecto de explotación por parte da Xerencia e do Equipo de Goberno:
E aínda así, a duras penas, mantemos en pé a Universidade (por agora)
Isto non pode seguir así por máis tempo!!!
Vota CCOO
Correo despedida campaña
Asunto: Grazas pola vosa atención e perdón a quen non puidemos visitar
Sentimos non ter chegado a todo o persoal, sodes moitos e tedes moito que contar. Temos que agradecer a atención que nos prestastes e a vosa amabilidade, sobre todo coa situación que estamos todos a vivir.
Reiteramos a nosa disposición a volver (ou ir por primeira vez) para buscar solucións aos nosos problemas.
Queremos que contedes con nós como:
Persoas independentes: Non temos cargos nin postos que agradecer.
Combativas: A maior parte de nós sabe o que é estar pechado na porta do Reitor para pedir un convenio xusto.
Con valores: Cremos nos principios de igualdade, mérito e capacidade. Pero, sobre todo, cremos en todas as persoas que fan posible que esta universidade siga en pé.