O Grilo Dixital
Nº20
Maio
2005

Revista electrónica feita pola Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo

Este boletín é posible facelo gracias á colaboración de compañeiros e compañeiras que nos envían informacións, noticias e colaboracións.

Danos a túa opinión sobre O Grilo-D envíanos unha mensaxe a:

ccoo@uvigo.es

NO V A S

S O L I D A R I E D A D E


EC O L O X Í A

O P I N I Ó N

 

 

ARQUIVO




IMPRIMIR
(en cada artigo ou sección)


 
 

 


.
N O V A S
SumarioG
ImprimirF
 


PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE A ELABORACIÓN DO II CONVENIO

¿Que foi o que se acordou nas asembleas celebradas nos tres campus no mes de xaneiro?

Nas asembleas celebradas no mes de xaneiro os tres sindicatos que conformamos o Comité Intercentros nos comprometemos a facer unha proposta unitaria de Convenio; a elaborar o Convenio de todos e de todas. A mensaxe que recibimos das asembleas foi o de sumar esforzos para facer unha proposta unitaria.
A busca, polo tanto, da diferenza en vez do consenso, non se corresponde co compromiso acadado ante a asemblea de traballadores e obedece máis a estratexia dunha central que a conflictos de entendimento entre as partes.

¿Que un sindicato tomara a decisión de facer pública a súa proposta prexudicou o proceso de elaboración do Convenio?

Enmarcado no proceso no que estabamos, sen dúbida foi un erro e a xustificación perfecta para que quen estaba na Mesa coa intención de buscar rendemento sindical tivera un motivo para facelo. Non obstante, tamén hai que dicir, que unha vez superada a sorpresa inicial, o feito de que os tres sindicatos fixeran públicas as súas propostas enriqueceu o resultado final da proposta. Non sabemos si se buscaba protagonismo sindical o que si aseguramos é que esta dinámica non prexudicou o resultado final do proceso.

¿É este un motivo xustificado para romper a unidade sindical?

Malia ter pasado conflictos importantes a unidade sindical sempre se salvagardou dentro do CI. Se agora se rompe é polo afán que ten o sindicato minoritario de sacar o máximo proveito a súa proposta, en detrimento da unitaria, confundindo a elaboración dun Convenio cun proceso electoral.

¿É este o momento para iniciar un proceso de funcionarización?

CC OO, de entrada, non se opón á funcionarización de todo o colectivo laboral, mais, entendemos que ten que ser un proceso unitario e global no que participen a Xerencia, os órganos de representación e tódolos traballadores ou colectivos afectados. A proposta de funcionarización feita por un só sindicato non resulta crible; é coma se un partido político propuxera unha constitución para un país. Hai procesos que no seu nacemento, desenvolvemento e conclusión teñen que ser necesariamente unitarios.
A funcionarización é un procedemento complexo que necesita moito tempo por diante. Na Universidade de Alacante, por exemplo, durou tres anos. En Zaragoza tamén se fixo en tres momentos distintos. Para confirmar o que estamos a dicir só hai que pensar que converter en persoal funcionario ao noso colectivo nos obrigaría a poñer en marcha máis de corenta probas distintas para facer o cambio, tal e como marca a lei. A Universidade de Vigo non está neste momento preparada para afrontar unha tarefa desta dimensión, no ano que lle queda a este xerente non fariamos outra cousa. A un ano das eleccións a reitor esta proposición nos parece que ten motivacións políticas e que, sen dúbida, é interesada e extemporánea.

¿É a funcionarización do PAS-L o problema máis importante que ten neste momento o noso colectivo?

Semella que non. Sindicalmente hai outros problemas que son moito máis importantes e que cómpre resolver con urxencia, por exemplo:

• A inclusión de todo traballador con contrato laboral nun Convenio Colectivo.
• Consolidar gran parte do emprego temporal existente coa creación de novas áreas ou servizos e poñer freo a precariedade laboral que se da na Universidade.
• O incremento e harmonización das retribucións.
• A conciliación da vida laboral e familiar.

Todos estes obxectivos se recollen na proposta de Convenio. Centrar esta negociación na disxuntiva de cambiar, ou non, a relación xurídico laboral do PAS-L é separarse intencionadamente da realidade e, sen dúbida, un desaire para todo o persoal que non ten un contrato fixo coa empresa.

¿Que proposta fai CC OO para que o PAS laboral poida decidir se cambia ou non a súa relación xurídico laboral?

A nosa proposta é neste momento negociar un Convenio unitario con este xerente que salvagarde os dereitos de todo o persoal con contrato laboral, e, tralas eleccións do ano que ven constituír unha Mesa Técnica conformada por representantes da empresa e dos órganos de representación que analice polo miúdo, e con tempo, o que pode resultar favorable ou desfavorable dun cambio de relación xurídica laboral coa empresa. Tamén consideramos interesante a posibilidade de desenvolver a promoción cruzada.

¿A xerencia actual está a favor da funcionarización?

Boa pregunta. ¿Non si?. Na presentación da nova xerencia lle fixemos esta pregunta ao actual xerente e a súa contestación foi que o único que estaba disposto a facer era converter os contratos laborais do persoal que ocupa postos de funcionarios en funcionarios interinos. O que si nos consta é que a empresa está a elaborar propostas para a negociación do II Convenio.
Un Convenio se negocia e se asina cun xerente. Esta é unha máxima que teriamos que ter xa aprendido nesta universidade. Empregar o ano escaso que nos queda en falar sobre os beneficios ou prexuízos da funcionarización sería desaproveitar a oportunidade real de mellorar as condicións laborais de tódolos traballadores da Universidade de Vigo, oportunidade que neste momento nos da a negociación colectiva e que sería unha irresponsabilidade estragar.

¿Tiñamos que votar dúas propostas de Convenio nas asembleas de abril?

Non foi ese o compromiso adquirido nas asembleas de xaneiro, o que si se dixo foi que no caso de que non nos puxeramos de acordo nalgún asunto o levariamos ás asembleas para que, por votación, se resolvera o desacordo.
Este Convenio, por estar así pactado, o van negociar os sindicatos, non o Comité Intercentros que tamén podería ser un interlocutor válido, non obstante, as tres centrais sindicais nos pareceu que o CI era o foro idóneo dende o que se podería liderar e realizar todo o proceso. Non se trataba pois de que cada sindicato presentara a súa proposta (que sería outra opción posible) senón de consensuar unha proposta unitaria. Emporiso, se un sindicato se levanta da mesa porque non quere participar na busca do acordo e a súa pretensión é que se vote a súa opción, contra a opción dos que seguen defendendo a unidade sindical, se este últimos aceptan este propósito estaría participando dunha estratexia espuria contraria ao compromiso publicamente adquiridoen ditas asembleas xerais.

¿Segue sendo posible a unidade sindical?

O que é difícil de explicar é que esta non se dea cando estamos a falar de propostas que coinciden en máis do noventa por cento. Semella que despois de todo o vivido á UGT (ou ao seu delegado sindical) lle é mais rendible manterse na "diferenza" que na unidade sindical.

¿O PDI laboral formará parte deste Convenio?

Nos últimos días representantes das tres universidades galegas acordaron negociar un Convenio propio para o PDI laboral de ámbito autonómico tal e como xa se ten feito noutras partes do Estado.

¿E o persoal acollidos ao programa "Labora" e o contratado a través doutras administracións?

É intención dos sindicatos é, coma é sabido, non excluír a ningún traballador con contrato laboral deste(s) convenio(s). Na reunión celebrada o 6 de maio se lle preguntou a empresa cal ía ser a súa posición e a contestación que deron foi que o están estudando.

 
SumarioG
ImprimirF
 

DIVISIÓN SINDICAL

Por definición o sindicalismo é a defensa de dereitos económicos e sociais dos traballadores, sendo estes o centro do sindicato e a súa razón de ser, no momento no que un sindicato pasa a ser parte dun órgano de representación de traballadores, a defensa destes dereitos faise extensible a todos eles, tanto os que lle outorgaron a súa confianza, coma aos que non. Naqueles momentos de inxustiza social, ou de conculcación de dereitos, así como cando o interese económico estaba por enriba dos dereitos máis fundamentais dos traballadores, foron os sindicatos os que moveron á sociedade, e os que lograron melloras que eran inimaxinables naqueles intres, pero cando outro tipo de intereses, ben sexan, de tipo económico ou político se mesturan con estes obxectivos principais estes quedan pervertidos e pasan a ser subsidiarios dos estrictamente sindicais..

Neste momento, na nosa Empresa, na Universidade de Vigo, isto é o que está a suceder, no momento máis importante na vida dun Comité de Empresa, na negociación dun Convenio Colectivo, no que se pretende mellorar as condicións laborais de máis de 1000 traballadores, na que a unidade sindical, para manter ese espírito inicial e principal da defensa de dereitos económicos e sociais de todos os traballadores, temos unha situación de división sindical, na que os únicos prexudicados son e serán os traballadores. Conscientes desta situación desde CCOO facemos un chamamento á cordura, a defensa dun obxectivos comúns dende o principio da boa fe na negociación, partindo da premisa de que ninguha proposta é excluinte e se pode sempre complementar na negociación.

CCOO, aposta pola independencia sindical, pola defensa sen reparos de todas e todos os traballadores da universidade, dende os grupos máis baixos, ós máis altos, dende os investigadores, ata os fixos; pola unidade sindical neste transcendental momento, e o fai tomando en conta unha visión racional da realidade na que nos movemos conscientes de que a negociación do II Convenio ten que servir de salvagarda da estabilidade laboral e do futuro profesional de todo o persoal.

u
SumarioG
ImprimirF
 

REFLEXIÓNS SOBRE SAÚDE LABORAL NA UNIVERSIDADE DE VIGO

No cumprimento da Lei 31/95 do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e do Real Decreto 39//97, do 17 de Xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servicios de prevención, a Universidade de Vigo puxo en marcha o servicio de prevención, onde entendemos que a súa finalidade é a promoción e a mellora das condicións de traballo , a protección da seguridade e a saúde dos traballadores no seu labor profesional.

Non dubido da capacidade das traballadoras de este servicio, pero si da política e conciencia que ten a nosa empresa sobre a saúde laboral.

A impresión actual que temos é que "a prevención é unha actividade colateral", que debe facerse por o único motivo de que lle é legalmente imposta é convén desenvolver "sen interferir no sistema productivo. Si estamos a falar dun servicio público a esta consideración engádeselle a idea segundo a cal os riscos existentes para a actividade educativa son de "menor entidade", porque "ninguén se mata" ou ten un accidente grave empregando ordenadores, traballando en oficinas, conserxerías, despachos ou dando clase.

Nestes intres estamos pasando por un momento de burocratización, onde o único que lle preocupa á empresa é cumprimentar papeis e máis papeis para xustificar ante as autoridades de traballo que si se fan avaliacións de riscos.

Pero certamente ¿está integrada a prevención na organización xeral dos centros de traballo? Ou está obsesionada en facer un cumprimento puramente formal das normas onde a prevención se entende como un arsenal de documentación.

Entendo que para que un sistema de xestión de prevención de riscos laborais para que sexa eficaz debe de:

-integrarse no conxunto de actividades e decisións tanto na organización do traballo como nas condicións nas que se fai este.
-a integración da prevención en tódolos niveis xerárquicos da empresa implica a atribución a todos eles e asunción por estes da obriga de incluír a prevención de riscos en calquera actividade que se faga.
-o establecemento duna intervención de riscos integrada na empresa supón a implantación dun plan de prevención de riscos que implique unha estructura organizativa, a definición de funcións, prácticas , procedementos, procesos e os recursos necesarios para levar a cabo dita intervención.

 


 
S O L I D A R I EDADE 
 
SumarioG
ImprimirF
 

MASACRE DEL EJÉRCITO COLOMBIANO.
ASASINAN A LUIS EDUARDO GUERRA MIEMBRO DE LA COMUNIDAD DE PAZ DE SAN JOSÉ DE APARTADÓ.

No podemos decir nada más; el dolor nos embarga tan profundamente que sólo podemos llorar. El Estado colombiano, como muestra de su increíble ilegitimidad, ha realizado otra masacre que baña de sangre nuestras tierras. El ejército ha masacrado a LUIS EDUARDO GUERRA GUERRA, de 35 años de edad, líder de la comunidad y miembro del Consejo Interno desde los inicios del proceso. A su compañera BELLANIRA AREIZA GUZMAN de 17 años, a quien hace tan sólo unos días se había unido, a su hijo DEINER ANDRES GUERRA de 11 años y quien había sido herido el 11 de agosto de 2004 con una granada dejada por el ejército. A ALFONSO BOLIVAR TUBERQUIA GRACIANO de30 años líder de Mulatos y miembro del Consejo de Paz de las zona humanitaria de Mulatos. A su compañera SANDRA MILENA MUÑOZ POZO de 24 años y a sus hijos SANTIAGO TUBERQUIA MUÑOZ de 2 años y a NATALIA ANDREA TUBERQUIA MUÑOZ de 6 años.
LUIS EDUARDO GUERRA había salido el sábado 19 de febrero de su casa en San José hacia su finca en la vereda Mulatos (queda a unas 7 horas de San José) con el fin de recoger cacao; sus planes eran regresar el lunes 21. Pero ese lunes 21 hacia las 11 a.m. fueron detenidos en el rio Mulatos por miembros de la Brigada XI (once) del ejército. Luis Eduardo iba de salida hacia San José con su compañera BELLANIRA, su hijo DEINER y otro joven, medio hermano de Luis Eduardo. El ejército los amenazó y les dijo que iban a llevárselos para asesinarlos. Al escuchar esto, el medio hermano de LUIS EDUARDO logró correr. Pero LUIS EDUARDO, BELLANIRA y DEINER fueron llevados desde ese sitio de la vereda Mulatos hasta La Resbalosa, la vereda siguiente. Allí los llevan a la casa del señor ALFONSO BOLIVAR.

El martes 22 el medio hermano de Luis Eduardo, quien había logrado huir del ejército, va a buscarlos y en la casa de ALFONSO BOLIVAR encuentra sangre y sigue su rastro hasta encontrar, cerca de la casa, una fosa con los cadáveres despedazados totalmente. Este terrible hallazgo fue hecho por el joven y otras personas de la vereda Mulatos que habían salido a buscar a los desaparecidos. Estos son los hechos que hemos logrado esclarecer. LUIS EDUARDO gran amigo y gran líder, defensor de los derechos humanos, fundador de nuestra comunidad, delegado desde hace cinco años por la comunidad para interlocutar con el Estado en la concertación de las medidas provisionales, desde hace tres años integrante y coordinador del comité de derechos humanos de la comunidad, viajó varias veces por invitación de Europa y Estados Unidos a compartir su experiencia. Su muerte nos embarga de un dolor indecible y las circunstancias de su asesinato como el de las personas que fueron masacradas con él, nos llena de rabia e indignación.
Aún hay hechos alrededor de esta masacre que quedan por aclarar. Pero este comunicado es urgente pues queremos recuperar los cuerpos de nuestros amigos. Para ello saldrá una comisión de unas 300 personas hacia la vereda La Resbalosa, que queda aunas 9 horas de San José. Nuestro sentido de humanidad nos demanda hacerlo. No podemos dejar que el olvido y la sevicia del Estado haga que nuestros compañeros sean abandonados. Por lo tanto dejamos esta constancia a la historia y pedimos la solidaridad nacional e internacional para que se pronuncie en contra de este hecho aberrante que afecta a toda la humanidad. También pedimos que se exija al Estado colombiano el respeto a esta comisión de personas que vamos a ir a recuperar los cadáveres que ha dejado esta masacre. Creemos que el mismo terror habla por sí mismo. LUIS EDUARDO, tu memoria, tu compromiso, tu claridad, tu amistad, nos da fuerza en medio del dolor. Como siempre lo reflexionamos, no retrocederemos en nuestros principios aunque el Estado, con sus paramilitares, nos acaben a todos.

Comunicado PBI
Información Indymedia

 

.0
E C O L O X Í A
ImprimirF
 

SOBRAN WATIOS. FALTAN RÍOS VIVOS. SOBRAN PRESAS

Os ríos de Galicia están gravemente ameazados polo Plano Hidrolóxico de Galicia-Costa e polo Plano Sectorial Hidroeléctrico, aprobados en 2001 pola Xunta. Estes Planos carecen dun enfoque sostíbel da xestión dos ríos e propoñen ou abren a posibilidade da construcción de 24 encoros e de 100 presas hidroeléctricas. As empresas eléctricas e da construcción son os grandes beneficiarios destes planos.
A campaña "Sobran watios. Faltan ríos vivos. Sobran presas" nace para defender a densa e e extensa rede fluvial de Galicia da cobiza sen límites de empresas eléctricas como UNIÓN FENOSA. Propón o aforro e o control da demanda de auga e de electricidade e avoga polo ordenamento racional dos aproveitamentos hidroeléctricos.

É unha campaña promovida por diversas organizacións sociais galegas, españolas e internacionais que representa unha nova etapa na loita pola conservación e uso sustentábel dos ríos de Galicia, que son aínda un dos patrimonios naturais máis valiosos de Europa.

A mobilización da sociedade galega en defensa dos seus ríos xa conseguiu evitar a construcción dos grandes encoros hidroeléctricos de Sela (no tramo galego-portugués do río Miño), do río Eume (no corazón do hoxe Parque Natural das Fragas do Eume) e de Navia de Suarna, impedir a instalación dalgunhas minicentrais e reducir o impacto ambiental negativo de numerosos proxectos de minicentrais.

Esta campaña é similar á impulsada por AEMS-Ríos con vida en Asturias durante os anos 1999 e 2000, que logrou paralizar a construcción de 70 presas hidroeléctricas nos mellores ríos salmoneiros e vales oseiros asturianos.

Os logros da campaña "Sobran watios. Faltan ríos vivos. Sobran presas" dependen de ti. ¡Infórmate e participa!

 

 
O P I N I Ó N
SumarioG
FFFonte. ImprimirF
 

LA CRISIS HUMANITARIA MÁS GRAVE EN EL MUNDO
Joanne Mariner

Fátima, como la llamaré, tenía diecisiete años pero parecía más joven. Hablaba lentamente, con una voz reservada. La entrevisté en un campo para desplazados en Darfur. Además de ser uno de los dos millones de habitantes de la zona que han tenido que huir de sus hogares para salvar sus vidas, Fátima fue víctima de violencia sexual. Su voz se alzó con emoción cuando describió cómo, apenas dos días antes, un grupo de hombres vestidos con uniformes militares las atacó a ella y a sus amigas.
Las muchachas intentaron escapar, pero ella y una amiga aún más joven no lograron hacerlo. Fueron capturadas y violadas por milicianos "janjaweed", quienes las retuvieron durante horas.
Darfur, en el oeste de Sudán, enfrenta la crisis humanitaria más grave del mundo actual. El conflicto armado, entre el gobierno sudanés y los rebeldes darfurianos, que se desató allí a comienzos de 2003 se convirtió rápidamente en una guerra en contra de la población civil, percibida como la base de apoyo de la rebelión. No solamente los hombres darfurianos son presa de la violencia. También mujeres adultas y niñas.
Este mes, mientras el Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas discute el caso de Darfur, la violencia continúa sin tregua. Si no se produce una acción rápida por parte de la comunidad internacional, es seguro que la campaña de asesinato, violación, pillaje y desalojo forzado en Darfur no se detendrá.
Frente a los crímenes de Jartum contra la humanidad, las Naciones Unidas deben tomar medidas urgentes para proteger a los civiles en Darfur. Es más, deben garantizar que se llevará ante el Tribunal Penal Internacional a los que han dirigido estas atrocidades.
Despojada de sus tierras, viviendo en la miseria, la población civil de Darfur merece la atención del mundo.


Darfur e Abu Ghaib
(Informe Human Rights watch)

 
Volver ó sumarioG
©Boletín feito pola Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo