Esta é unha escolma de correos enviados a lista
de correo "comunidade" da Universidade de Vigo. Por falta de espacio
non están todos, de tódolos xeitos non temos ningún problema
para incluir calquera mensaxe que o seu autor ou autora considere. Entedemos
que estes mensaxes o ser enviados a dita lista teñen carácter
de público.
:: descoordinación : : empresa TRAGSA :: TRAGSA2 :: TRAGSA3 ::TRAGSA na prai de Baleiros ::TRAGSA na praia de Baleiros 2 ::proposta fondo de axuda :: os araos da revolta :: proposta rendabilizar o esforzo :: sobre o paro da actividade académica 1 :: sobre o paro da actividade académica 2 : contestación membro coordinadora :: politización da protesta :: especial TVE :: acordo EETEI :: carta ó diario "El Progreso" de Lugo :: consumismo e desastre ecolóxico ::
Ayer sufrimos vari@s voluntari@s que fuimos a Salvora la descoordinación de esta gente, por ejemplo, llegar a las 8:00 horas a coger un barco y enterarnos alli mismo que salia a las 9:00 h, o por ejemplo llegar a las 10 a la isla y pasarse una hora para ponernos los trajes, y etc, etc (por no aburrir no sigo ). Me entere alli mismo que los currantes de TRAGSA cobran 200 mil pelas por 15 dias sacando chapapote (me lo dijo uno de ellos), y al parecer vienen de andalucia con dietas y demas (y nuestr@s mariner@s esperando para cobrar la subvencion y currando el triple ). Que se le va a hacer cosas de la vida.
Nada que ver con lo que ves al ir al fuel con una cofradía
Por cierto, la TVE por supuesto estaba alli, y saco imágenes de un@s voluntari@s que se dedicaban a coger bolitas de fuel por una playa ya limpia
Y por supuesto el ejercito haciendo el paripe: Un soldado con una emisora de unos 3 metros a la espalda, entre la gente un helicóptero que viene a recoger a un grupo de soldados (si se gastaran ese dinero en un puñetero tractor se hacia el doble en la mitad de tiempo, pero le quitaria toda la gracia al asunto, verdad?).
EMPRESA TRAGSA (A empresa privada que ten en concesión a limpeza das praias) (11/12/02)
Esta carta es para preguntar, y que se entere todo el mundo
de la respuesta, qué está pasando con el tema de la limpieza de
playas y la empresa Tragsa.
Esta mañana hemos ido un grupo de voluntarios universitarios a limpiar
a Oia a primera hora. Cuál es nuestra sorpresa al llegar y que un encargado
de la empresa Tragsa nos impide trabajar alegando que "la mancha está
por llegar -por hoy por la tarde o mañana-, y lo que hay ya no merece
la pena limpiarse".
Sin embargo, como pudimos constatar, en la playa estaban trabajando empleados
de esta compañía. Pese a la negativa del empleado de seguridad
para acceder a las rocas, llegamos por otro camino y los trabajadores nos confirmaron
la sospecha: hay manchas para dar y tomar.
También me han comentado que en Furnas (Corrubedo) operarios de Tragsa
impidieron el trabajo de voluntarios mediante el requisamiento de material (cedido
por voluntarios vascos) y el boicot psicológico a los que consiguieron
recuperar algunas palas y capachos.
Entonces, varias preguntas sin respuesta:
-- la compañía cobra de la Xunta por día trabajado, lo
que significa que si grupos de voluntarios hacen parte de su trabajo, ellos
deben rendir más horas para cobrar. No obstante, y de cara a la galería,
los fines de semana no ponen excesivas pegas al voluntariado ¿será
que libran los de la plantilla?
-- el reparar el daño ecológico de nuestras costas es la última
preocupación de esta compañía, pues a más tiempo
trabajado, más salario percibido.
¡Hasta en esto tenemos que soportar la corrupción administrativa!
Una voluntaria indignada.
TRAGSA 2 13/12/02
O día de onte un máis de 50 voluntarios chegamos
a Oia para axudar na recollida do chapapote, logo de chegar alí, e que
marchara o autobus un ¿representante? de Tragsa indicanos que non facemos
falta, que o día anterior os nosos compañeiros da Universidade
limparan demasiado e que nese momento o fuel estaba nas rochas e alí
non podíamos limpar nos...(sic), despois de agardar hora e media a que
chegara de volta o bus para recollernos e impedirnos coas excusas máis
variopintas que baixasemos a carón do mar, comprobamos que efectivamente
o fuel estaba alí, estaba o persoal da "empresa" recollendoo
ademais de algunhas percebeiras, que seríamos útiles para axudar
a limpá la costa, que tiñan material de sobra para todos pero
pola razón que fose non nos deixaban traballar.
O final da historia foi un pouco rocambolesco, dende a OMA trataron de atoparnos
un sitio para traballar: Corrubedo, contando que eran a 11 da mañá,
e que había duas horas de viaxe ata alí algúns decidimos
non perdé-lo día e incorporarnos os nosos postos de traballo,
Tragsa saiu victoriosa:
-¿Qué intereses moven a esta empresa?
-¿Por que se rechazan voluntarios ou se dificulta a sua labor?
-¿Hay algún beneficio en manté-la costa contaminada?
O millor como di algún compañeiro son demasiado inxenuo...para
ser voluntario
TRAGSA 3 13/12/02
Continuamente estamos recibiendo correos en contra de la actuación
de Tragsa, pero también se oye alguna voz desmintiendo estas quejas.
Aquí realmente no sabemos lo que ocurre, hasta que punto es cierto todo
lo que se dice, pero se nos ocurre que el problema estaría solucionado
si mientras haya voluntarios para limpiar nadie cobrara un duro. Y voluntarios
de momento hay a patadas, de hecho hay multitud de teléfonos a donde
llamar para anotarse y esperar a que te llamen. Otra solución sería
que todos los que trabajen cobren. Creemos que mejor será aprovechar
el trabajo sin condiciones de los miles de voluntarios que desinteresadamente
ofrecen sus manos, y no entendemos que pinta Tragsa en todo esto, puesto que
por lo que sabemos no aportan tecnología punta a la hora de recoger el
fuel de nuestras costas, y su trabajo es en todo caso tan productivo y ¿loable?
como el de los voluntarios, pero no más.
Alicia Rodríguez y Paz Alonso
TRAGSA NA PRAIA DE BALEEIROS 13/12/02
Fumos onte á praia de Balieiros (Baleeiros quizáis)
perto do Faro de Corrubedo. Eramos 52 persoas da Facultade de Filoloxía
e Traducción, sen contar un rapaz novo que manexaba sen destreza unha
caterpilar pola area. Os traxes de auga e protectores, luvas, gafas, e botas
foron proporcionados por homes que dicían traballar para a empresa TRAGSA;
a furgoneta que os portaban levaba tamén ese mesmo nome. Guiáronnos
ata a praia e deixaronnos sós alí cunhas mínimas recomendacións
sobre o material utilizado. Nin siquera nos dixeron onde facía máis
falta traballar: tan só "a praia é vosa". A area estaba
chea de pequenos anacos de fuel moi espallados, moitos deles mesmo mesturados
coa propia area. Sen embargo, nas pozas formadas trala baixada da maré
o chapapote acumulado era incalculable. Perdemos unha boa parte da xornada limpando
ós poucos ás pegadas ínfimas de fuel da praia, por culpa
da nula información dos homes de TRAGSA.
Cando levabamos un bon tempo traballando, quixo a boa sorte que atoparamos un
home que levaba nunha bolsa nada menos que un arao. Inmediatamente chamamos
ó 085 de Medio Ambiente para que viñeran rescatalo. Ó mesmo
tempo chegou por alí unha furgoneta con dous homes da Xunta (de Pesca,
Acuicultura e marisqueo) que nos preguntaron de ónde viñamos e
qué faciamos alí. Dixemoslles que a Oficina de Medio Ambiente
da Universidade de Vigo era a encargada dese grupo e que era a empresa TRAGSA
a que levaba a intendencia. Era a hora de comer e estabamos xa agardando polos
bocadillos que a empresa TRAGSA nos ofrecera. Cando lle comentamos ós
homes da Xunta que nos ían dar os bocadillos, eles cun medio sorriso
de sarcasmo e ironía nos din que os de TRAGSA non nos van dar os bocadillos,
que o día anterior esqueceranse dos/as voluntarios/as e que finalmente
foran eles mesmos quen levaran os bocadillos. Comprometeronse nese momento a
ir a Aguiño buscar os bocatas, e a voltar de seguido. Todo iso cumpliuse
con eficacia, pero os bocadillos de TRAGSA (que colaboran co Concello de Riveira)
aínda están por ver.
Quizáis esto é unha minucia nesta grandísima marea, equivalente
ó escasísimo (por non dicir con tristeza o nulo por ínfimo)
froito do noso traballo. Pero unha mostra (repito case inapreciable) do que
está a suceder.
Eu escribo este texto, pero non son capaz de quitar o meu nome do remitente.
Escríboo por todas e por todos as/os que estivemos alí.
Permitideme finalmente unha homenaxe particular ás alumnas e ós
alumnos ERASMUS que estiveron onte e están todos estes días traballando
entre nós.
TRAGSA NA PRAIA DE BALEEIROS 2 13/12/02
Permitídeme que engada algo máis ó que
dixo o meu compañeiro Manuel Candelas, tan "maniotado" e satisfeito
coma min esta mañá de decembro. Cando chamamos ó 085 polo
milagre do arao vivo chegaron (por esta orde): Vixilancia Pesqueira da Xunta
(que non sabía da nosa existencia), Ministerio de Medio Ambiente (que
tampouco sabía da nosa existencia) e Medio Ambiente da Xunta, ah, e maila
Xunta de Compensación de nonseiqué Danos. E os uns non sabían
da existencia dos outros nin de nós naquela praia deserta. Un prodixio
de coordinación gracias a TRAGSA. Comemos (gracias ós desvelos
de Ventura e Avelino, dous funcionarios de Vixilancia Pesqueira) ó aire
libre, mellor dito ó vento libre, e menos mal que non nos choveu porque
non tiñamos onde nos acoller.
O dono dun bar cercano non tiña un galpón onde nos acubillar,
pero díxonos que lle deixara un terreo próximo ó Exército
e a TRAGSA para poñeren unha carpa ou algo así. O do bar regalaba
auga quente para duchas, bancos, mesas, etc. Nin p. caso, aínda está
esperando resposta ó seu ofrecemento. Ó rematármo-lo choio
había aparcado nese bar un camión militar ateigado de material,
o mesmo material que a nós nos faltara durante todo o día. Ás
5 da tarde, mentres tomabamos unha caña ou un café, os militares
do camión "ventilaban" na barra cubatas de Larios coma auga.
É o seu traballo. Debe ser.
Por último, vaia tamén o meu recoñecemento e agradecemento
ós/ás nosas "Brigadas Internacionais Erasmus" de noruegas,
alemanas, polacas, italianas, finesas, etc, e ó alumnado e profesorado
da nosa facultade, gracias ós cales onte roubámoslles ás
rochas do Portiño de Baleeiros-Corrubedo varias toneladas de piche. Foi
un orgullo estar convosco. Venceremos. Bicos e a seguir que queda moito aínda.
X.Henrique Costas.
PROPOSTA FONDO DE AXUDA (11/12/02)
Nunca fixera uso deste foro que estáse a revelar como
un eficaz instrumento para difundir información e iniciativas encol do
desastre que nos mandaron enriba, fágoo agora a pedimento dun compañeiro
que non dispón de conta de correo.
Polo que se está a ver, todo o mundo quere colaborar dun xeito ou outro
a vence-lo desastre da marea negra, o xeito mais efectivo é apuntarse
coma voluntario pero non todos teñen tal disponibilidade (asma, alerxias,
estado físico, obrigas familiares con nenos ou xente anciana ó
seu cargo, etc..) pero case todos poden aportar en maior ou menor medida fondos
a esa causa común e ese é o obxectivo deste breve correo.
Os estudiantes directamente nos petos instalados en cafeterías e comedores
dos Centros (ainda hai algún Centro onde non se ven eses petos) poden
facer aportacións equivalentes ó custo dunha xornada de ocio cun
lema "unha noite de copas contra a marea negra"
As familias dos estudiantes nas contas habilitadas (entre outras a aberta na
oficina de Caixanova do Campus 2080-0557-35-0000000341)
Os asalariados da Universidade, profesorado e PAS así coma os seus familiares,
amigos e demais xente do seu círculo persoal.
Coma medida adicional, e non con ánimo de rebaixar impostos senón
coma xusta compensación por parte do Estado da súa deixación
de funcións e responsabilidades, solicitar dos PARLAMENTARIOS GALEGOS
que presenten unha PROPOSTA para que as cantidades aportadas por particulares
e empresas a eses fondos solidarios sexan DEDUCIBLES NA SÚA TOTALIDADE
na declaración da renda para o exercicio económico de 2002. No
caso previsible que, por mor das maiorías existentes non vaia adiante
unha proposta deste xeito, deducir directamente dos impostos que pagamos a contía
da aportación afrontando as consecuencias pero tratando de conseguir
que moitos milleiros de contribuintes galegos ( e non galegos) lle cobren directamente
ó Estado (¿ú-lo?) o prezo do seu abandono e ineficacia.
Conta 2080-0557-35-0000000341
OS ARAOS DA REVOLTA (11/12/02)
Manifesto
OS ARAOS DA REVOLTA
Estes cans que nos gobernan son os mesmos que en 1936 encheron de mortos as
bermas das estradas; os mesmos cans que lamben nos cadáveres dos inmigrantes
mortos no estreito; os mesmos cans que xa bombardearon Iraq e que están
dispostos a volver a facelo; os mesmos cans que apoiaron a chamada loita contra
o terrorismo afgán pero que venden armas a países tan "democráticos"
como Turquía e Indonesia; os mesmos cans que fan dos cárceres
auténticos campos de exterminio; os mesmos cans que limitan e controlan
cada vez máis a liberdade de expresión e información; estes
cans son a auténtica face do poder, a que estaba agochada detrás
das cousiñas coas que nos tiñan entretidos: o consumo, a carreira
profesional, a parella, o fútbol, as festas gastronómicas, etc.
Estes cans, ós que agora se lles empeza a ver a face de buldog, son os
que agora nos piden que sexamos solidarios co pobo galego e vaiamos limpar as
praias mentres eles se senten quentes nos seus luxuosos gabinetes.
Os araos da revolta, desde a nosa cova de alcatrán, pensamos:
Ou limpamos nós ou que limpen eles:
Eles son a administración e as industrias do petróleo, nós
somos os paxaros ex_tinguidos o povo en vía de exterminio.
Se limpan eles, xa que foron eles os que escangallaron toda esta merda, daquela
que nos deixen tranquilos e non nos insulten esixindo a nosa solidariedade para
limpar.
Se limpamos nós, daquela que se vaian.
Os araos da revolta non nos fiamos destes cans. Sospeitamos que o chapapote
que estamos a limpar coas nosas maus, coas nosas bocas, e até cos nosos
ollos, é un veleno letal. Se daquí a uns anos comezamos a apodrecer
por dentro a estes fillos de pp non lles vai importar un carallo. Como moito
seremos un número máis dunha lista ou un minuto máis dalgún
programa hipócrita da televisión.
Os araos da revolta pensamos que a dimisión e as eleccións anticipadas non van tirar o chapapote das nosas praias. Aquí non hai só un problema entre Fraga e a oposición, aquí vese o confronto entre a administración e o povo. Non tudo o que ven do povo é necesariamente bon, mais tudo o que ven da administración está necesariamente podre. E isto, mellor ca ninguén, sábeno os nosos labregos e os nosos mariñeiros, afeitos a sobrevivir a pesar do desprezo secular do estado, a pesar da vontade decidida do estado para eliminalos.
Os araos da revolta, afogados no alcatrán da estupidez, queremos nutrirnos dese instinto de supervivencia do noso povo. A administración non só non resolve os problemas, senón que está interesada en que nós non sexamos quen de resolvelos, pois se cadra un día caemos na conta de que non os precisamos a eles... O noso povo está demostrando que é quen de axir sen a "caridade" dos de arriba, sen subvencións, sen coordinadores, sen exército, sen protección civil, etc. Contra a incompetencia: desobediencia.
Os araos da revolta pensamos que se somos quen de poñer en xogo as nosas vidas en contacto con este veleno, deberíamos ser quen de pasar a un acto de rebelión. Rebelión contra o estado e rebelión tamén contra a industria do petróleo, pois non esquezamos que somos víctimas desa peste negra, como os iraquíes, os nixerianos, e tantos outros.
Os araos da revolta, como os gregos extinguidos, entendemos a democracia como a participación dos cidadáns na vida pública. Se a nosa participación na vida pública limítase a depositar un voto nunha caixiña, daquela isto non pode chamarse democracia. O parlamentarismo non garante, senón que impide a verdadeira democracia. Antiguamente nos povos existía un personaxe chamado "o tonto do bote"; agora, con tanto progreso, abundan "os tontos do voto".
Os araos da revolta pensamos que se pode equiparar "parlamentarismo" con todo o que abrangue a palabra "infantilismo". Nós poñemos a nosa capacidade de decidir en mans das institucións; nas institucións decide quen máis manda, non quen máis sabe; e cando xa ninguén pode evitar o desastre, bótase man dos "espertos", que están afundidos a máis profundidade que o Prestige, e non hai Nautilus capaz de dar con iles. Exemplo: cando España quixo invadir Inglaterra coa Armada Invencible, puxo ao seu mando a un home que non vira o mar na súa puta vida. Hoxe en día, o director xeral da marina mercante, é un home que non andou en barco na súa puta vida. A estupidez da administración nunca acabará de sorprendernos.
Nota: Hai tres días que os araos de cons desaparecemos. E agora queremos reencarnar, mais non en cordeiriñios, se non en raposas. É moi sinxelo para estes cans dirixir aos seus coredeiriños e mandalos ó frente desta guerra, que eles mesmos crearon, mentres eles permanecen na retaguarda.
PROPOSTA RENDABILIZAR O ESFORZO (11/12/02)
Hola a todos
Eu estou asombrado vendo que centos de voluntarios estanse a malutilizar en
cadeas humanas para movelos capazos de fuel. ¿E que non hai medios de
transporte de tipo militar capaces de chegar a eses lugares? ¿Non se
poden improvisar pistas para que cheguen tractores? ¿Por qué non
instalar cintas transportadoras? Toda esta xente se podería empregar
en limpar as zonas rocosas cuia limpeza é moi difícil.
¿Qué ocurre? ¿Non hai ideas ou non se queren gastar cartos?.
José Luis Alonso
SOBRE O PARO DA ACTIVIDADE ACADÉMICA
(Que non folga: non nos podemos permitir estar
en folga)
Espero que ninguén se sinta ofendido polo que vou dicir, xa que o fago como reflexión e non como ataque.
A asemblea da Facultade de Filoloxía e Traducción celebrada o luns 9 de decembro decidiu por maioría facer un paro académico ata o día 20 e dende entón algúns profesores teñen reflexionado sobre a pertinencia e a eficacia da medida. Creo que para facer esta reflexión cómpre reflexionar primeiro sobre qué lugar ocupa exactamente a universidade dentro da sociedade.
A universidade é a avangarda da sociedade e a sociedade así o recoñece. Proba disto é que a propia sociedade nos concede certos privilexios que non teñen outros colectivos profesionais. Un dependente dunha tenda ou unha operaria de Citröen non poden asistir espontaneamente a manifestacións, nin deter a súa actividade en sinal de protesta indefinidamente sen que haxa represalias por parte da empresa. Pero a universidade si. E non se trata (só) dunha cuestión de desgoberno da universidade, senón de que se nos recoñece capacidade crítica para encabezar movementos (habitualmente científicos ou académicos, pero tamén sociais e políticos) que fagan que o sistema se mova e, na medida do posible, mellore. O resto de traballadores e estudiantes non poden, PERO A UNIVERSIDADE SI PODE E DEBE FACELO.
A Xunta e o goberno central pretenden facer ver que aquí non pasa nada e están agardando a que a dinámica dos medios de comunicacións nos someta ó esquecemento das últimas noticias e dos partes de guerra rutineiros.
A XUNTA DE GALICIA E O GOBERNO QUEREN DAR SENSACIÓN DE NORMALIDADE, de que non pasa nada. Pois ben, o cometido que a sociedade nos encomenda como contrapartida ós privilexios de que gozamos é que combatamos esa falsa sensación de normalidade. ESTAMOS NUNHA SITUACIÓN DE EMERXENCIA NACIONAL. Declarando o paro académico (non folga, insisto) contribuímos a facer patente a anormalidade da situación. Se a universidade, que pode, non para, non fai de revulsivo, non axita as conciencias adormecidas polos medios oficiais ¿quen o vai facer?
Pero o paro non significa vacacións; significa se cadra máis traballo aínda. Canto non esteamos colaborando nas tarefas de limpeza das praias, o noso deber moral é lembrarlle á sociedade que vive nunha situación de emerxencia: asistindo a manifestacións e concentracións de protesta, falando do tema coa xente e explicando as súas consecuencias e sobre todo sendo críticos coa realidade.
Na catástrofe provocada por esta marea negra converxen varios factores que non debemos perder de vista:
1. unha catástrofe ecolóxica irreversible: ¿quen
vai limpar os fondos mariños nos que comeza a cadea da alimentación?
¿quen vai limpa-los centos e centos de quilómetros de costa rochosa,
cantís e coídos que van conserva-lo fuel como único capital
do futuro? ¿quen vai limpa-los sánguiches de area e fuel que xa
se formaron en moitas praias?
2. unha catástrofe económica e social: non se trata de que os
pescadores e mariscadoras queden sen traballo unhas semanas; como os fondos
mariños e as costas están perdidos e tardarán anos en ser
o que eran, o traballo vailles faltar durante moitos anos. ¿E quen vai
mercar nas tendas de Muxía, de Corrubedo, de Cangas, de Carnota...? ¿De
qué van vivir milleiros de pequenas empresas e autónomos vencellados
á pesca? ¿Quen vai vir á universidade dentro dun par de
anos? ¿Sabedes cántos alumnos ten esta universidade que veñen
de vilas mariñeiras? A catástrofe económica ímola
ter que dixerir TÓDOLOS GALEGOS.
3. unha catástrofe política: temos dous gobernos (¡dous
a falta de un, madia leva!) inoperantes, dirixidos por ineptos que demostraron
non ter nin a máis remota idea de cómo se comportan as mareas
e os ventos; e que son tan prepotentes que nin se dignaron a consultar cos mariñeiros
dos
lugares afectados. E non é só unha cuestión de ineficacia,
senón sobre todo de desprezo absoluto cara a Galicia, ós galegos
e á opinión pública en xeral. Preténdennos facer
parvos ocultándonos a información e prohibíndolles ós
xornalistas achegarse ás zonas máis afectadas. A case 30 días
do accidente, estamos peor que ó comezo; iso sí, xa chegaron os
cartiños para as esmolas e o vomitivo "Todos somos Galicia"
de onte na TVE.
¿U-LA A NORMALIDADE?
SE A UNIVERSIDADE NON REACCIONA AGORA, MORRE
Alberto Álvarez Lugrís
SOBRE O PARO DA ACTIVIDADE ACADÉMICA (11/12/02)
Non pretendia entrar ao trapo deste asunto, pois penso
que debemos buscar hoxe as cousas que nos unen e nos as que non separan, pero
estou totalmente de acordo co manifestado polo Sr. Alvares Lugrís.e ainda
diria mais. Vai-nos pasar coma cando as mobilizacions anti-LOU. Daquela, as
asembleas de campus foron absolutamente manipuladas pola autodenominada COORDENADORA
DE CAMPUS, que somentes de adicou a des-movilizar, des-convocar e afogar a protesta
espontánea de alunos e funcionários. A semana pasada as asembleas,
mais ou menos convocadas desde o espontáneo cabreo do alunado e profesorado,
decidiron convocar un PARO académico para esta semana. Rápidamente
a autodenominada COORDENADORA DE CAMPUS comenzou a
mover-se para paralizar e afogar esta protesta e "reconducir" a situacion.
Non se para para protestar senon para limpar. Limpar é urxente, si, non
o nego. Pero é mais urxente que exista unha coordenacion nacional nestas
tarefas. OS ACTUAIS POLITICOS NON ESTAN A FAZER O SEU TRABALLO E ESTAN IMPEDINDO
QUE O POVO O FAGA POLA SUA CONTA. Pois o povo non controla as partidas presupostárias
que dan aceso aos medios necesários. Onte un comandante do exército
dicia que cunha máquina que custa 6.000 ? (1 millon de pelas) se poderian
limpar rápidamente o chapapote das Cies, manifestando deseguido que llo
ia pedir aos políticos. E TEN QUE DICILO UN MILITAR!!! Eu teño
notícias de que o pasado fin de semana en Baiona e Oia foi un escándalo.
As persoas que coordenan as tarefas de limpeza tiveron que pasar do Sr. Cuiña
e demáis tropa do PP porque somentes estavan a poñer obstáculos
e atrancos. A ESTO NON HAI DEREITO. Sospeito que é igual en toda Galiza.
Non é que teñamos dereito, E QUE É URXENTE POÑER
OS MEDIOS PARA PARAR O DESASTRE QUE SE AVECIÑA E ESTES POLÍTICOS
DO PP NON O ESTAN A FAZER.
Na miña opinion, no presente caso non se trata de pedir a demision dos políticos polas suas actuacions até o momento, senón tamén porque A DIA DE HOXE NON ESTAN A TOMAR AS MEDIDAS NECESÁRIAS PARA PALIAR O QUE AINDA ESTA POR VIR. De que nos vale limpar as praias se ainda vai vir muito mais chapapote e estes políticos non queren fazer nada para tentar recuperar o chapopote afundido cos restos do Prestige? Non se trata só do que fixeron ou non fixeron, senón DO QUE NON ESTAN DISPOSTOS A FAZER HOXE, NEN MÁÑAN, NEN PASADO.
La Voz de Galicia informava onte dos proxectos da empresa para extraer o fuel afundido. Debemos exixir aos governo que SE EXISTE UNHA MINIMA POSIBILIDADE DE EXITO, HAI QUE TENTALO. Se é preciso, que conxelen os orzamentos de defensa. Ou os programas de investigacion espacial. Ou todo aquelo que sexa menos urxente que GARANTIR A LIMPEZA DA TOTALIDADE DO LITORAL GALEGO (que se di pronto). E SE NON ESTAN DISPOSTOS A FAZE-LO QUE SE MARCHEN E NOS DEIXEN FACE-LO A NOS.
A Universidade de Vigo, na miña opinion, e ainda que somentes sexa por fazer gala dos símbolos que figuran no seu escudo institucional, debe poñer-se á cabeza da protesta para GARANTIR QUE SE VAN ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA IMPEDIR SUCESIVAS MAREAS NEGRAS SOBRE O NOSO LITORAL e EXIXIR A DEMISION DOS POLÍTICOS QUE ESTAN A IMPEDIR COA SUA ACTITUDE AS TAREFAS DE LIMPEZA E RECUPERACION DO CHAPAPOTE DENDE O MAR.
Aos "irresponsáveis da Coordenadora de Campus" que están a des-movilizar e afogar a protesta, somentes dicir-lles que, queiran que non, o tempo haverá de pasar-lles factura. Non teñan dúvida nengunha.
CONTESTACIÓN MEMBRO COORDINADORA
SR. VILHAR (ou amigo Sito, como prefiras):
Xa está ben de que catro ou corenta persoas nos escornemos
poñendo ilusión, tempo (dese que non nos sobra a ninguén)
e esforzos para que isto comece a
funcionar, e catro coma ti se dediquen a chamarnos "irresponsáveis"
e outras lindezas. Non dou consellos a ninguén porque me engano 50 veces
por día e xa
bastante teño comigo, só che digo unha cousa: fala menos e traballa
un pouco.
Tendes razón, Rafa e Henrique. ¡XA ESTÁ
VEN!. Matádevos entre vos -os políticos- si queredes pero DEIXADE
O POBO EN PAZ que xa ten dabondo co que ten; non lle batades mais no lombo que
xa lle doen dabondo os cadrís de estar agachados collendo chapapote;
e os ollos, de tanto vixiar o mar por si ven mais e de ver as lonxas valdeiras
de peixe. Deixade o pobo co mais grande que ten, con aquelo que vos falta (alomenos
a inmensa maioría) os que vos chamades políticos e, por eso mismo,
queredesllo roubar: DIGNIDADE.
Non se pode falar da MERDA, se nunca se estuvo nela; non se pode falar en nome
do POBO, se nunca se contou con él (agás pra pedirlle o seu voto).
Deixade as pancartas e as pegatinas, collede un balde e unha pala (protexédevos,
eso sí) e ide as mareas a recoller a merda, escoitade as persoas -non
ós posibles votantes- que traballan ó voso carón (pero
"escoitar" non é o mismo que "ouvir", téndeo
en conta) e despois, rematado o traballo, collede as pancartas e as pegatinas
e, si queredes, desfilade. Entón, e solo entón, podedes berrar
as vosas consignas. Deica entón gardadeas onde ninguén as vexa.
NIN pp, psoe, bng, ciga, uxt, cc.oo, e demais especies. SI o pobo galego.
Xa temos unha negra sombra e non precisamos que nadie nos faga unha sombra negra.
GALICIA, NAI E SEÑORA
SEMPRE GARIMOSA E FORTE
MAÑÁN, ONTE, AGORA,
NA VIDA E NA MORTE
.....................................
E non esquenzades que: O POBO É QUEN MAIS ORDENA
Pra rematar digo o de Rafa: si vexo pancartas e eslogans partidarios, voume.
Milagros Cavada Nieto
Se¤ores, estoy pasmado con las buenas noticias
sobre el especial de TVE .. como es posible que haya damnificados de una Marea
Negra que no existe
procedente de un petrolero que no se hundi¢ ... etc.
No hace falta una "Gala de Operaci¢n Triunfo" para recaudar fondos sino que este Gobierno que muchos millones de personas consideraron lo mejor posible para gobernar este pa¡s se tir¢ 20 dias Cazando, Pescando, Viajando por Europa, Hablando con Putin, Esquiando ... en lugar de hacer lo que era necesario.
Estamos ante un vertido por "paseo" que promete que las mareas negras que nos vengan tengan mas entregas que una telenovela mexicana ... pero ¨donde est el ejercito? ¨donde est el dinero de los contribuyentes? ¨donde esta la declaraci¢n de zona catastr¢fica? ... supongo que todo haciendole compaña al DEFICIT CERO
un saludo
ACORDO DA ESCOLA DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS
A Asemblea de Industriais e Minas reunida o luns 9 de
decembro acordou:
1-Suspensión das actividades docentes (clases e prácticas)SOAMENTE
o día que lle corresponda acudir a realizar as labouras de limpeza dacordo
coa
coordinación da Oficina de Medio Ambente. Ese día non se suspenderán
os exames. Esta decisión é compartida pola dirección do
centro que enviará comunicación ós docentes do centro.
2-Os voluntarios deberán anotarse nunha lista que seguirá aberta indefinidamente, facendo constar nome, dni(moi importante para o seguro), tlf contacto e disponibilidade. Está aberta a estudiantes, PDI e PAS.
De resultas destes acordos e da coordinación cos outros centros do Campus de Vigo se adoptan as seguintes medidas:
a) O primeiro día de suspensión de clases e
traballo dos voluntarios de Industriais e Minas será o vindeiro MÉRCORES
18. O persoal docente do centro
recibirá a comunicación correspondente da Dirección.
b) Convócase unha nova asemblea de centro o vindeiro luns 16 ás 14:00 no salón de actos, na que se dará información para os voluntarios. É IMPRESCINDIBLE A ASISTENCIA DOS VOLUNTARIOS QUE TRABALLARÁN O MÉRCORES 18 POIS NESA ASEMBLEA SE FORMARÁN OS GRUPOS DE TRABALLO.
Tentaremos colaborar do xeito máis útil. Saúde,
Coordinadora de Industriais e Minas
CARTA O DIARIO "PROGRESO" DE LUGO
""Ante a indignante manipulación das
noticias, en relación á traxedia do Prestige, feita polos medios
de comunicación escritos e falados (o seu é un deles, Cacharro
Pardo tenos collidos a vostedes polos...) propuxen na Unversidade de Vigo, onde
investigo, e na Universidade de Santiago onde teño amistades, iniciar
un boicot activo contra estes medios de comunicación, de tal xeito que
os cidadáns manifestemos a nosa máis firme repulsa. Por tanto
que non se estrane da baixada de vendas da súa publicación (coñecida
xa non como El Progreso, se non como El Retroceso) e o aumento de outros xornais
menos politizados coma A Voz de Galicia. Cómo me encantou que fai un
par de meses nos deramos de baixa. É triste, pero o seu diario non informa.
Non sei que fai. Todo esto, mandareino o servicio de "comunidade"
da Universidade de Vigo para que todo o mundo que quera segui-la miña
proposta, poida facelo.
NON Á CENSURA. ESES TEMPOS XA PASARON. ¿OU NON?.""
Antonio Rodríguez Álvarez
CONSUMISMO E DESASTRE ECOLÓXICO
(16/12/02)
Dentro de esta plataforma universitaria de solidaridad
que estamos manteniendo y que nos está permitiendo analizar ,reflexionar
y actuar ante esta catástrofe,querría aportar mi grano de arena
y plantear las cuestiones que pienso que son oportunas. Como dice el geógrafo
francés Yves Lacoste los procesos sociales y económicos hay que
interpretarlos a diferentes escalas,lo que nos permitirá distintos niveles
de análisis de la realidad. Parece muy humano el atender a lo inmediato,
a lo más cercano al entorno de cada cual.Es más ,podriamos incluso
afirmar que la vía a través de la cual el hombre conecta consigo
mismo está en el aquí y ahora.
¿Para qué,entonces,hacer un análisis de los graves problemas
ecológicos de la humanidad a escala global?.Al hacer un análisis
global lo que se observa es un deslizamiento hacia el caos....
Todos estamos de acuerdo en que los principales problemas se encuentran en el
sistema de capitalismo salvaje de los países Norte,pro-ductivista y consumista
"a todo coste ",con un "DIOS"que es el dinero¿Cómo
se para esa masa de dinero,ese flujo de capital en paíse que somos hiperconsumistas,¿Cómo
mentalizar a la gente que debemos olvidarnos del dinero y de todo aquello que
no sea absolutamente necesario?Se habla de "desarrollo sostenible"
etc..como si fuera un dogma de fé,pero las sociedades ricas desarrolladas
son totalmente inviables y no son sostenibles de ninguna de las maneras.
Yo pienso que este es el problema principal:tomar conciencia de que desde que
nos levantamos hasta que nos acostamos nuestras vidas están impregnadas
en puro petroleo(automóviles ,calefacción,tintas y cartuchos para
impresoras y ahora nuestra propia alimentación también lo estará).
Si queremos organizar una convivencia equitativa ,autonóma y en paz con
el planeta tenemos que empezar a cambiar los que vivimos en el Norte.Mientras
nos sintamos comodos en nuestra civilización industrial y consumista,por
muchos" dobles cascos "que pongamos, hoy somos nosotros los afectados
pero mañana serán otros países del mundo,otros ecosistemas
los amenazados.Por eso mi reflexión es ¿quizás hoy no somos
todos culpables de lo que está ocurriendo en nuestro entorno más
próximo
!!Ojo !!Esto no significa que haya que resignarse a enfrentarse a todos los
poderes dominantes a todas las escalas local ,nacional,global. y a todos los
"CASCOS "existentes.
Ahora tenemos muy buenas oportunidades de intervención contra esta situación
amenazante .Pero ,y después,¿ qué vamos a hacer?
Soy consciente de lo complicado del asunto.Debemos cambiar la realidad desde
nuestros respectivos espacios.!No podremos hacerlo todo,pero lo estamos haciendo
muy bien!!.
Un saludo a todos.
ESTHER.FACULTAD DE HUMANIDADES DE OURENSE.