FONDO UNIVERSIDADE DE VIGO

Ola a todos, (18/12/02)

Continuando coa información sobre o Fondo Financeiro constituido pola Asamblea do Campus de Vigo vos direi que a iniciativa continúa dando os seus resultados.
Onte (martes) fixemos unha aportación á conta da cofradía de Bueu de 1.750 euros
Con esto son xa 3.050 euros os que temos envíado a cofradías

Vos lembro os datos da conta :

FONDO UNIVERSIDADE CONTRA A MAREA NEGRA

Nº C/: 2080 - 0557 - 35 - 0000000341

(Oficiña de Caixanova do Campus)

Difundide todo o que poidades esta información
--------


Por certo : ata o de agora temos remitido fondos ás cofradías de Cangas (aglutina tamén na mesma conta as de Moaña e Aldán) e a de Bueu.
Nos pareceu que son as cofradías as que neste momento deben recibir o apoio que podamos aportar.

En principio a idea sería a de manter como destinos os xa sinalados pero, en todo caso, se alguén considera que sería de interese remitir os fondos que poidan
seguir ingresandose a outras cofradías sería bo que o comunicase (nese caso necesitaríamos un contacto telefónico para confirmar e un número de conta)

Saudos


Ola a todos,

O Fondo Financeiro constituido pola Asamblea do Campus de Vigo segue funcionando con ánimo.
Vos informo dos movementos ata o día de hoxe (martes):

1) Ingresos : Ata o de agora lévanse recaudados 1.300,96 euros

2) Destinos : Na reunión da Coordinadora de Campus de onte (luns) esquencín comentar con todos qué destinos considerabamos todos de interese. Por elo, dado que na constitución do fondo falamos de destina-lo á necesidades urxentes de entidades que estaban actuando dun xeito directo (cofradías, asociacións....) e dado que nos parecía que era moi importante mover con rápidez ese fluxo, hoxe fixemos unha transferencia de 1.300 euros (216.301 ptas) á conta centralizada que teñen en marcha as cofradías de Cangas-Moaña e Aldán.

Vos lembro os datos da conta :

FONDO UNIVERSIDADE CONTRA A MAREA NEGRA

Nº C/: 2080 - 0557 - 35 - 0000000341

(Oficiña de Caixanova do Campus)

Difundide todo o que poidades esta información

PARA DELEGACIÓNS DE ALUMNOS: dado que hai moita xente que non ten posibilidade ou disposición a facer ingresos dende oficiñas bancarias, é moi importante poñer caixas e petos en cafeterías, asambleas de centro...