Benqueridos investigadores e investigadoras:
Dende os primeiros intres de producírse a catástrofe do petroleiro Prestige, a nosa Universidade puxo a disposición das autoridades toda a súa capacidade para levar a cabo as colaboracións que sexan precisas en tódolos ámbitos cubertos polas súas disciplinas.
Procede agora o facer ofertas máis concretas destas capacidades para ofrecerllas ós distintos comités e foros que se están a constituir. Para iso solicitamos de tod@s vós nos fagades chegar propostas encandradas dentro dos apartados siguientes:
1) Liñas e traballos de investigación que se
poden desenvolver.
2) Proxectos de actuación inmediata.
3) Asesoramento e prestación de servicios.
Estas propostas refírense a todo tipo de ámbitos
e aspectos:
- tecnolóxico
- impacto ambiental
- recuperación de ecosistemas
- seguridade e calidade alimentaria
- aspectos legais, económicos, sociais,..
- calquera outros que consideredes de interese e aplicación.
Agradecemos que as respostas se nos fagan chegar vía correo electrónico a esta oficina.
Saúdos e graciñas.
Oficina de I+D
Vicerrectorado de Investigación.