O Grilo Dixital
Nº 15
set/out
2002

Revista electrónica feita pola Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo

Este boletín é posible facelo gracias á colaboración de compañeiros e compañeiras que nos envían informacións, noticias e colaboracións.

Danos a túa opinión sobre O Grilo-D envíanos unha mensaxe a:

ccoo@uvigo.es

NO V A S

B R E V E S

S O L I D A R I E D A D E


EC O L O X Í A

O P I N I Ó N

 

 

CC OO
O teu
sindicato

 

 

ARQUIVO




IMPRIMIR
(en cada artigo ou sección)


 
 

 


.
N O V A S
SumarioG
ImprimirF
 

A PROFESORA LIRES LOGRA UNHA VICTORIA MORAL NO RECURSO CONTRA O DEPARTAMENTO DE ENXEÑERÍA QUÍMICA POLO SEU DESPEDIMENTO

A PESAR DA VOTACIÓN DESFAVORABLE Á SÚA RECLAMACIÓN, O CONSELLO DE GOBERNO RECOÑÉCELLE IMPLICITAMENTE OS SEUS ARGUMENTOS Ó SE COMPROMETER A ELABORAR NORMAS QUE EVITEN SITUACIÓNS SIMILARES

Na orde do día do Consello de Goberno celebrado o 17 de setembro pasado figuraba a decisión sobre o recurso de alzada, presentado pola profesora Álvarez Lires, contra o acordo do Consello de Departamento de Enxeñería Química polo cal non se renovaba o seu contrato de profesora asociada para o presente curso académico.

Como xa informamos no Grilo Dixital de xullo-agosto, o devandito acordo era un exemplo de arbitrariedade xa que, malia as demandas de motivación do acordo e de que se establecesen uns criterios académicos obxectivos, como esixen as leis, o Consello de Departamento fixo caso omiso delas, baseándose nunha autodenominada "soberanía do departamento", e ordenou unha votación, supostamente democrática, na que se decidiu non lle dar o informe favorable, preceptivo para a renovación do contrato.

A actuación dos responsables do departamento non parou aí, xa que non lle facilitaron á profesora, nin o Regulamento de réxime interno do departamento nin a certificación de acordos do consello para poder redactar o seu recurso de alzada. Produciuse, así, unha situación de indefensión que fixo máis feble a súa defensa ulterior.

Se ben o recurso de alzada foi desestimado, o debate e a propia votación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo puxeron de manifesto a razón que asistía á profesora Lires para efectuar a súa reclamación e tiveron a virtude de marcar un antes e un despois nas actuacións deste tipo dos departamentos.

Na súa intervención diante do Consello de Goberno, a profesora Lires tivo ocasión de explicar que os seus méritos superaban os doutros profesores ós que lles renovaran o contrato, nomeadamente, o seu grao de doutora, a avaliación favorable do alumnado, a súa producción científica e o seu papel de artífice e coordinadora dun programa interuniversitario de doutoramento en Historia das Ciencias e das Técnicas, sen que xamais tivese recibido nin unha mínima queixa oral nin escrita polo seu labor profesional. Unha carta de apoio dun grupo de alumnos en contra deste atropelo do departamento, avalou, amais das enquisas, o labor docente da profesora Lires.

Ademais, a profesora leu un conxunto de sentencias do Tribunal Supremo e doutros tribunais, que abundaban na necesidade de xustificar os actos administrativos para non xerar indefensión, de acordo cos principios constitucionais. No seu recurso solicitaba, unicamente, que o Consello de Departamento motivase o acordo para o poder recorrer axeitadamente.
Desafortunadamente, o resultado da votación do Consello de Goberno -18 votos en contra do recurso, 11 votos a favor e 11 abstencións-, non permitiu a devolución do acordo ó Consello de Departamento, pero o debate tivo outras virtudes. Así, alzáronse voces a favor da profesora e da necesidade de elaborar normas que eviten actuacións arbitrarias dos grupos de poder dos departamentos para os casos nos que se produza unha diminución da carga docente, ata o punto de que o rector se comprometeu a elaboralas inmediatamente. Na nosa opinión, trátase dun recoñecemento tácito das razóns aducidas pola profesora Lires.

Outra virtude: a vicerrectora de Profesorado, preguntada sobre o particular, manifestou que o Consello de Departamento de Enxeñería Química puido, no seu día, elaborar uns criterios para puntuar o profesorado contratado e decidir, así, a quen se lle renovaba o contrato. Contradicía, desta maneira, as informacións do director do devandito departamento, que negara esa posibilidade na sesión correspondente, o que nos demostra que a decisión foi arbitraria.

Pola nosa banda, felicitamos a profesora Lires pola súa forza moral a prol do que ela denominou na súa intervención, "defensa da dignidade persoal e profesional e denuncia de prácticas arbitrarias e productoras de indefensión". No caso de que decida recorrer o acordo do Consello de Goberno, pola vía administrativa, contará con todo o apoio de CC.OO.

Se, tal como informou a vicerrectora de Profesorado, non se renovaron 55 contratos, e só reclamaron tres persoas, desde CC.OO. non nos queda máis que amosar a nosa fonda preocupación pola pasividade dunha boa parte da comunidade universitaria e dos propios afectados; pero, a pesar de todo, animamos a todo o profesorado que se vexa inmerso en situacións de arbitrariedade ou de irregularidades, a que faga valer os seus dereitos constitucionais mediante as reclamacións legais pertinentes. Unicamente desta maneira, sacándoas á luz, será posible rematar coas actuacións impunes dos grupos de poder, que potencian a submisión, a falta de criterio, que fomentan a mala imaxe da institución universitaria -que debe someterse ó marco legal vixente como calquera outra, alén de supostas "soberanías", propias doutros tempos nos que a palabra democracia estaba proscrita.

En calquera caso, o compromiso do rector Docampo a prol do establecemento dunha normativa para tódolos departamentos sobre a renovación dos contratos, parécenos un logro importante propiciado polo recurso da profesora Lires; aínda que confiamos en que se poida negociar un Plan de Estabilidade no marco da LOU que impida que se repita a situación do curso 2001-2002.

Un último apuntamento con relación ó resultado da votación. Resulta abraiante que dous destacados sindicalistas da Xunta de Persoal, neste caso da CIG, non tiveran intervención ningunha no debate. Un deles, Pedro Membiela, abstívose; o outro, Enrique Costas, saíu da sesión, no momento da votación, a estirar as pernas.

 
SumarioG
ImprimirF
 

A UNIVERSIDADE DE VIGO CONFIRMA O DESPEDIMENTO DE 55 PROFESORES CONTRATADOS MALIA AS PROMESAS ELECTORAIS DE DOMINGO DOCAMPO

O DATO CONTRASTA CO DAS UNIVERSIDADES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E CORUÑA, ONDE NON SE DESPEDIU A NINGUÉN TRAS O ACORDO COAS CENTRAIS SINDICAIS

A vicerrectora de Ordenación Académica e Profesorado, Margarita Estévez Toranzo, afirmou na sesión do Consello de Goberno do 17 de setembro pasado, que esa era a cifra de profesores despedidos. O rector da universidade quitoulle importancia ó dato porque "só reclamaron tres profesores afectados", entre eles, a profesora Mari A. Lires, como se recolle en senllos artigos deste número e máis do de xullo-agosto do DG.

Este comentario do rector mereceu a repulsa da representante estudiantil Patricia Corbacho, quen reclamou respecto para estes profesores que non se poden defender; no mesmo senso interveu Manuel Ramos (profesor de Telecomunicacións); sen embargo, Pedro Membiela e Enrique Costas, representantes destacados da CIG na Xunta de Persoal, non fixeron ningún comentario ó respecto.

Para CC.OO., o despedimento de profesores na Universidade de Vigo é absolutamente inadmisible. O responsable desta universidade, malia as peticións de negociación das centrais sindicais, para que sexa aplicado o Plan de Estabilidade e Promoción do profesorado (PEP), actuou pola súa conta e coa actitude de feitos consumados: antes de se ter aprobado a LOU, funcionarizou uns poucos profesores -non a todos os que estaban en disposición de selo-, creou cátedras para outros poucos e deixou pendentes dun fío ós máis; fío que, agora, lles acaba de cortar dramaticamente a estes 50 profesores que non teñen máis culpa que a política errática e clientelar deste rector.

Cómpre lembrar, unha vez máis, que os despedimentos non están xustificados; pola contra, hai financiamento e razóns académicas sobradas para non os levar adiante. En efecto, como xa temos repetido, esta institución recibiu, a través do PEP, moitos millóns de pesetas (exactamente algo máis de 550 millóns de pesetas para o período 2000 a 2003) para que todos os profesores contratados con dedicación exclusiva tivesen unha praza estable. As razóns académicas radican en que, a pesar de todo o que se diga, a Universidade de Vigo ten un número de profesores moi baixo: a relación entre o número de profesores e o número de alumnos é das máis baixas do sistema universitario, asemade ter un dos índices de precariedade máis elevados. Para colmo, a LOU posibilita que a dedicación do profesorado non estea condicionada, de xeito exclusivo, na carga docente.

Na xuntanza que tivemos as centrais sindicais CC.OO., CIG e UGT ese mesmo día 17 de setembro con Domingo Docampo e Margarita Estévez, para falarmos da contratación laboral dos profesores para curso 02/03, o rector gabouse das garantías de estabilidade e carreira académica do profesorado desta universidade, exemplares e inigualables, segundo el, polas outras universidades galegas e mesmo do resto do estado. Á luz dos despedimentos aquí denunciados, esta actitude resulta insoportable mesmo para unha universidade tan cainita coma esta. Efectivamente, constitúe un exemplo inigualable polo número de contratos non renovados e contrasta coa Universidade de Santiago, onde a vontade negociadora do rector coas centrais sindicais fixo e segue facendo que se manteñan os postos de traballo do profesorado contratado. Ata na Universidade da Coruña, cun rector tan pouco proclive ós pactos sindicais, deron chegado a un acordo coas centrais sindicais para que todos os vencementos de contratos neste curso se renovasen conforme coa LOU.

Aínda así, confiamos en que se poida negociar un plan de estabilidade consecuente co novo marco legal establecido na LOU.

Máis información, neste mesmo número do GD, no artigo " Victoria Moral da profesora Álvarez Lires", e no GD de xullo-agosto
.

SumarioG
ImprimirF
 

MENOS DEMOCRACIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO: DOCAMPO ELIMINA A REPRESENTACIÓN SINDICAL NO CONSELLO DE GOBERNO MALIA O ACORDO DO CLAUSTRO DE REFORMAR OS ESTATUTOS SÓ O IMPRESCINDIBLE

A PRESENCIA DAS CENTRAIS SINDICAIS REMÓNTASE Ó TEMPO DA CREACIÓN DA UNIVERSIDADE

A aprobación do regulamento de réxime interno do Consello de Goberno do pasado día 29 de xullo, elimina dunha plumada o dereito de voz que tiñan as centrais sindicais neste órgano de decisión. Deste xeito, desaparece del a representación das entidades independentes que non tiñan maior interese que contribuír, coas súas achegas, a crear unha universidade máis democrática, plural e participativa, e a mellorar coa súa corresponsabilidade todos os sectores que a conforman.

Resulta abraiante comprobar cómo a institución se vai contaxiando, pouco e pouco, dos hábitos políticos da vida pública extrauniversitaria: simplificando a complexidade, facéndose cada vez máis personalista -aspecto ben querido polo rector Docampo, quen parece seguir a máxima de "comigo ou contra min"-, afastándose o máis posible do debate e evitando sempre render contas, especialmente cando hai voces críticas. En definitiva, contribuíndo a un sistema empobrecido, acartonado e exento de xuízos.

Os sindicatos desempeñaron un labor ben importante na andaina da universidade de Vigo desde que fora creada, coa súa presencia na Xunta de Goberno. Agora son expulsados do órgano que a substitúe sen explicación ningunha -salvo que consideremos tal a opinión do rector de que os sindicatos xa están representados no Consello Social-. Todo isto, en contra da opinión do Claustro da Universidade, que recomendara unicamente, que se modificasen as disposicións estrictamente imprescindibles do marco normativo actual (LRU e estatutos), e a través do método favorito dos profesionais do poder: modificando os regulamentos. Desafortunado momento, cando a universidade, para se enfrontar ós formidables retos do momento presente precisa, coma o osíxeno, axuntar esforzos para os dar superado.

Semella que aconteceu hai moito tempo, pero só hai un ano que, por estas datas, as centrais sindicais dabamos a saída ás grandes protestas en contra da LOU. Daquela, o rector Docampo semellaba tamén estar en contra. Chegou a dicir que a universidade, como fora concibida, estaba en perigo e que cumpría fornecernos para resistir os duros embates ós que ía ser sometida. Os sindicatos, sempre tan inxenuos, non entendemos ben o verdadeiro alcance destas frases.

Agora, as centrais sindicais CC.OO., CIG e UGT enviamos un comunicado á comunidade universitaria toda para salientar estas consideracións e para lles pedir, ademais, ó Claustro e mais ó Consello de Goberno que nos restitúan esta representación perdida. Aínda non contestaron, e non podemos esquecer que este inxusto regulamento contou co apoio de claustrais e de membros do Consello de Goberno que son, asemade, delegados sindicais da CIG (Pedro Membiela e Enrique Costas abstivéronse na votación do Consello de Goberno). Resulta cada vez máis difícil saber cál é a posición desta central sindical sobre os temas que afectan ós dereitos sindicais cando se trata de atacar propostas procedentes do equipo de goberno.

 
ImprimirF
SumarioG

UNIVERSIDADE, ARBITRARIEDADES E A BUV

POÑEN EN MARCHA A BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS E DO TRABALLO, OS CRITERIOS POLÍTICOS PASAN POR ENRIBA DOS BIBLIOTECARIOS.

Quen decidiu que a nova Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo contara cunha biblioteca, seguramente ignora o dano que lle fai ó modelo acordado de Biblioteca Universitaria. E chove sobre mollado. Cando aínda sigue escaldando a decisión de cambiar o Regulamento da Biblioteca para permitir o préstamo sine die ó PDI, veñen agora a impoñer a decisión de crear "unha sala de lectura" (eufemismo tra-lo que se agacha unha biblioteca) que dista menos de 40 metros, ou unha pasarela, da Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

É un desatino e unha actuación arbitraria, equivocada e irresponsable. A decisión tómase pensando só nos intereses dunha facultade e dos departamentos que a conforman, actuando deste xeito para non compartir espacio e libros coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Non lles importa o conxunto, a universidade; só queren resolver o seu e ter baixo control todo o que poida caber no que, erradamente, consideran como propio. Andan o seu, e dispoñen irresponsablemente dos recursos e do dos resortes de poder que teñen para facer o que lles peta.

Son os mesmo que, se nun departamento hai un conflicto entre as áreas pois, en vez de resolvelo dialogando, a área agraviada fai o macuto e muda para outro departamento. Non importa que, por exemplo, a área de Comunicación Audiovisual e Publicidade se integre no departamento de Dereito Público Especial -dereito civil, etc-,. Non importa porque eles, os que ostentan os cargos e teñen responsabilidades, nesta historia son xuíz e parte; empregado e patrón, e estiran todo o que poden a legalidade para actuar, moitas veces, con impunidade ante o abraio do resto. Esta situación estase a dar debido, en parte, o reparto do poder dentro da universidade. Cuotas de poder mandan e o rector "está obrigado" a facerlles este tipo de concesións, sendo secundario a incidencia e o quebranto que estas poidan ter no conxunto da institución.

Máis, tamén pola banda da Biblioteca hai responsabilidades. É obrigado dicir que, por distintas razóns, non se fixo todo o necesario para que este servicio tivera a consideración, respecto e autonomía imprescindibles para ser tidos en conta na toma das decisións. Durante demasiado tempo tiveron unha tutela política, da que algunhas veces non se puideron zafar, e outras non souberon prescindir, e a que lle encomendaron, non só a arbitraxe, senón tamén a resolución de asuntos concluíntes que marcaron, e seguen a marcar, o seu destino.

Malia todo, para non caer no desánimo, convén ser optimista. Neste momento, a piques de incorporarse, en comisión de servicios, o novo director da BUV (xa tivo que chover para que persoal facultativo ocupe este posto) hai motivos para selo. A verdade é que terá que traballar arreo para resolver algúns dos problemas que estamos a expoñer, máis para iso ven. Cómpre tamén que saia dos muros da biblioteca e que se mova para conseguir que a BUV teña o lugar e o peso político que lle corresponde.

 

.
B R E V E S 
SumarioG

ImprimirF

 

PRESIDENCIALISMO NO COMITÉ INTERCENTROS

Delegados sindicais de CC OO e UGT no Comité Intercentros (CI) piden a anulación do proceso de selección que deu lugar a cobertura con carácter provisional dunha praza de técnico especialista de actividades deportivas. O motivo principal para pedir a anulación é que o CI non participou na designación do representante que lle correspondía na comisión de selección.

Nunha reunión extraordinaria do Intercentros, celebrada o pasado 25 de setembro o presidente deste órgano recoñeceu ter cometido un erro ó designar a un membro da CIG sen consultar a ningún membro do CI e que por puro despiste, sen mala intención, non deu conta da súa actuación ó pleno do CI.

Desde a Sección Sindical de CC OO esiximos que o presidente do CI que asuma só as funcións que lle corresponden e a xerencia lle recordamos que os acordos do Comité Intercentros son os que toman os seus representantes e non o que decide quen ostenta a presidencia.

SumarioG  
 

UN GRUPO DE ALUMNOS DA FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS RECLAMA MAIS CALIDADE NA SUA FORMACIÓN

CONSIDERAN QUE A FORMACIÓN ACTUAL ESTÁ POUCO RELACIONADA COA PUBLICIDADE

Este grupo de alumnos, autodenominado "Alumnos revoltosos da facultade", moi preocupado pola poucas clases prácticas reais que receben e pola escasa relación das materias que lles imparten coa licenciatura de Publicidade, empezaron a protestar por esta situación. No mes de xullo puxeron en marcha unha páxina web na que, con eslóganes tales como "viñemos aquí a estudiar Publicidade", "queremos aprende-las bases teórico-prácticas da Publicidade", "nada mais de Teoría de Empresa, Economía de España e Sistemas Políticos", por "unha licenciatura en Publicidade e non en Socioloxía", e outros mais, reclaman que se corrixan estas eivas.
Os alumnos teñen razón. A orixe destas deficiencias está no vixente plano de estudios de esta licenciatura e nos intereses que se moveron ó redor del.
No próximo número do GD daremos mais información sobre este tema. Mentras tanto, os estudantes aceptan mostras de solidaridade.

..
SumarioG

CC OO E O SUP PRESENTAN A INCIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA GARANTIR O PODER ADQUISITIVO DOS EMPREGADOS PÚBLICOS

O xoves día 10 de outubro, no Congreso dos Deputados representantes de CC OO e o SUP (Sindicato Unificado de Policía) presentaron as máis de 500.000 sinaturas necesarias, e a correspondente certificación da Oficina do Censo Electoral, para a protección da eficacia dos acordos e pactos nas Administracións Públicas e garantía dos seus empregados e empregadas.
Desde a Sección Sindical queremos darvos as gracias as tódolos traballadores e traballadoras da Universidade de Vigo que coa vosa sinatura axudastes a que esta campaña acadara o obxectivo previsto.

.
SumarioG

I+D FABRICACIÓN DE ARMAS E OBXECCIÓN CIENTÍFICA

Como xa ven facendo desde 1988 o Goberno sigue mesturando gastos militares e investimento en I+D. Este ano os recursos destinados a este fin alcanzan os 4.000 millóns de €, cantidade que se queda en 1951 millóns se lle restamos os gastos militares que supoñen o 34,32% do total; é dicir un de cada tres euros destinados a investigación e desenvolvemento polo Goberno terá un fin militar.

Malia todo, incluíndo os gastos militares España só dedica o 0,94 % do PIB a I+D cantidade fronte o 2% de medio dos países da UE.

Para esixir un I+D civil máis de mil investigadores veñen de declararse obxectores científicos para mostrar o seu desacordo con destinar recursos públicos de investigación a proxectos militares. Os asinantes desta declaración comprométense a non participar en ningunha investigación que teña unha finalidade militar ou estea subvencionada con fondos destinados a investigación con fines militares. Esta campaña a esta promovendo a Fundaciò per la pau.

Ver o manifesto

.
SumarioG

ACOSO E PERSECUCIÓN DE SINDICALISTAS EN COLOMBIA

Cada ano en Colombia morren máis sindicalistas que no resto do mundo: nos últimos dez anos oito dirixentes sindicais da fábrica Panamco S.A., filial de Coca-Cola, foron asasinados, dous tiveron que exiliarse e corenta e oito tiveron que desprazarse forzosamente a outros lugares polo acoso dos grupos paramilitares que actúan en complicidade coas forzas armadas e os corpos de seguridade do estado.

Colombia non é o único país onde Coca-Cola fomenta esta política laboral baseada no terror, os grupos sociais e de dereitos humanos denuncian casos tamén en lugares como Filipinas, Paquistán, Guatemala, India, Venezuela, Cimbabue países nos que esta multinacional ou as súas filiais utiliza o asasinato, a violencia a corrupción e o incumprimento das leis laborais para aumentar os seus beneficios e así acadar os seus obxectivos económicos.

Javier Correa, o secretario xeral do Sindicato Nacional dos Traballadores da Industria da Alimentación de Colombia (SINATRAINAL) denunciou a violencia que se está a exercer contra os sindicalistas. Esta organización forma parte da acusación presentada por varias asociacións e sindicatos americanos contar Coca-Cola e o seu proveedor colombiano, Panamco Colombia S.A. Esta denuncia, que inclúe malos tratos, secuestros e asasinatos, provocou en Colombia o aumento da represión contra os sindicalistas da multinacional.

 

Volver ó sumarioG


 
S O L I D A R I EDADE 
SumarioG
ImprimirF
 

O sistema de xustiza internacional en perigo.

El nuevo sistema de justicia internacional, surgido a raíz de la creación de la Corte Penal Internacional (CPI), se encuentra en grave peligro. Estados Unidos está tratando de asegurarse de que sus ciudadanos quedan exentos de la jurisdicción de la CPI en relación con el genocidio, los crímenes contra la humanidad y los crímenes de guerra.
No espere, actúe ya para proteger el sistema de justicia internacional

La Corte Penal Internacional investigará y procesará a personas a las que se acuse de haber cometido genocidio, crímenes contra la humanidad y crímenes de guerra. Estados Unidos está atacando y poniendo en grave peligro a este nuevo sistema de justicia internacional ejerciendo intensas presiones sobre todos los Estados del mundo para que firmen acuerdos de impunidad en virtud de los cuales los países que lo hagan se comprometen a no entregar a ciudadanos estadounidenses a la CPI. En muchos casos, el gobierno de Estados Unidos está amenazando con retirar la ayuda militar a los países que se nieguen a firmar esos acuerdos.
Los acuerdos que Estados Unidos quiere que se firmen son ilegales según el derecho internacional y, sobre todo, amenazan gravemente con socavar los esfuerzos internacionales para conseguir de una vez por todas acabar con la posibilidad de que los criminales planifiquen o cometan los peores crímenes que ha conocido la humanidad.

Únase a los miembros de Amnistía Internacional de todo el mundo y firme la petición que se incluye seguidamente, en la que se insta a todos los gobiernos a que NO firmen los acuerdos de impunidad para Estados Unidos.

Amnistía Internacional presentará las firmas a los gobiernos de todo el planeta. Las firmas recibidas hasta el 27 de septiembre del 2002 se remitirán además a los líderes políticos de la Unión Europea (UE) con antelación a la reunión que próximamente tienen prevista sus ministros de Asuntos Exteriores

PETICIÓN A TODOS LOS GOBIERNOS
La Corte Penal Internacional (CPI) forma parte esencial del nuevo sistema de justicia internacional y será un útil instrumento para acabar con la impunidad que ha permitido que los perpetradores de los peores crímenes contra la humanidad queden impunes.
Nadie puede gozar de impunidad para el genocidio, los crímenes contra la humanidad y los crímenes de guerra que puede juzgar la CPI.

Los Estados del mundo tienen que negarse a firmar cualquier clase de acuerdo mediante el que las autoridades de Estados Unidos queden exentas de cumplir las obligaciones que tienen contraídas en virtud del derecho internacional de:

· investigar y procesar a personas acusadas de genocidio, crímenes contra la humanidad y crímenes de guerra (tal y como están tipificados estos delitos en el Estatuto de Roma, por el que se constituyó la Corte Penal Internacional) en sus propios tribunales nacionales y de forma plenamente consecuente con el derecho internacional.

Asina a petición

 

.0
E C O L O X Í A
ImprimirF

PETICIÓN REFERIDA A LA CONTAMINACIÓN DE SEMILLAS CON ORGANISMOS GENETICAMENTE MODIFICADOS.

A los Comisarios David Byrne, Franz Fischler y Margot Walström European Commission, Rue de la Loi 200, B-1049 Bruxelles, Belgium

Me preocupa la Directiva propuesta por la Comisión Europea que permitiría la contaminación de semillas no modificadas genéticamente con organismos transgénicos (OMG) desde un 0.3 % a un 0.7 %. Quiero estar seguro de que los productos que adquiero, no etiquetados como transgénicos, en efecto no contengan OMG. Esto ya no sería garantizado si los cultivos no modificados genéticamente fueran contaminados por variedades transgénicas en un nivel que varía entre 30 y 70 mts.² por ha., y sin que los agricultores lo sepan.

Además, creo que tal diseminación y propagación de OMG no controlada, es incompatible con una protección precautoria tanto del ambiente como de la salud humana.

Por lo tanto le pido que asegure que la Directiva propuesta sobre el nivel de pureza de las semillas no permita la contaminación de cultivos no transgénicos por OMG. (El nivel de detección, que actualmente permite un control confiable fija un nivel de contaminación máximo de un 0.1 %)

La pureza de las semillas debe ser asegurada por aquellos que producen o desean producir OMG, y no por aquellos que desean continuar produciendo y consumiendo productos sin transgénicos. Los costos que esto implique no deben ser soportados por los consumidores y tampoco por los agricultores. La responsabilidad deberá corresponder a quienes producen transgénicos. Tal garantía deberá ser provista en otras directivas, reglamentaciones y legislación previa a la entrada en vigencia de la mencionada Directiva propuesta.


Firme la petición online


 
O P I N I Ó N
SumarioG
FFFonte. ImprimirF
 

¿A quién le importa la gente?

Por Irene Khan (IHT)

LONDRES: Algunos dirigentes políticos occidentales están invocando la situación de los derechos humanos en Irak con una frecuencia poco habitual para justificar la acción militar. Esta atención selectiva hacia los derechos humanos no es más que una forma fría y calculada de manipular el trabajo de los activistas que defienden dichos derechos.

Esos mismos gobiernos hicieron caso omiso de los informes de Amnistía Internacional sobre las violaciones generalizadas de derechos humanos que se estaban cometiendo en Irak antes de la Guerra del Golfo, y guardaron silencio cuando miles de civiles kurdos desarmados fueron asesinados en Halabja en 1988. El pueblo iraquí no sólo ha seguido sufriendo a manos del gobierno (torturas, ejecuciones extrajudiciales, "desapariciones", detenciones arbitrarias y juicios injustos), sino que también ha soportado los efectos del régimen de sanciones impuesto por las Naciones Unidas desde 1990. Esas sanciones han puesto en peligro el derecho al alimento, la salud, la educación y, en muchos casos, la vida de centenares de miles de personas, muchas de ellas niños. Se ha dicho que el gobierno iraquí está manipulando deliberadamente el régimen de sanciones con fines propagandísticos, pero eso no exime al Consejo de Seguridad de su parte de responsabilidad por no atender las peticiones de que se levanten todas las sanciones que dan lugar a violaciones graves de los derechos de la población iraquí. El Consejo de Seguridad, al deliberar sobre el uso de la fuerza militar, no debe examinar sólo las consecuencias políticas y de seguridad de sus acciones, sino también el inevitable precio que la guerra se cobrará en el ámbito humanitario y de derechos humanos: los civiles que morirán en los bombardeos o en los combates internos, o los niños que perecerán porque las sanciones les dificultan aún más el acceso a los artículos que necesitan para satisfacer sus necesidades más básicas o a la ayuda humanitaria. El debate no contempla en absoluto la preocupación por la vida y la seguridad del pueblo iraquí, por no mencionar las repercusiones que el conflicto tendrá en los derechos humanos de la población de los países vecinos. Como guardián internacional de la paz y la seguridad, el Consejo de Seguridad, en virtud de la Carta de las Naciones Unidas, tiene la responsabilidad de buscar en primer lugar una solución pacífica. Debe recordar a su miembro más poderoso que la fuerza es el último recurso y que sólo se debe utilizar de forma que sea plenamente conforme con el derecho internacional.)Hemos llegado realmente a ese punto de peligro inminente que no deja otra opción? Las Naciones Unidas se crearon para mantener la paz y promover los derechos humanos, no para fomentar la guerra.

La autora de este artículo es la secretaria general de Amnistía Internacional, que ha redactado este comentario para el International Herald Tribune.


Iraq en el informe de AI 2002
 
Boletín feito pola Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo