|
|
--O Grilo Dixital |
Número |
|
Revista electrónica feita pola Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo Este boletín
é posible facelo gracias á colaboración de compañeiros
e compañeiras que nos envían informacións, noticias
e colaboracións. |
N O T I C I A S
SOL I D A R I E D A D E E C O L O X Í A O P I N I Ó N
|
Sección Sindical de CC.OO. da Universidade de Vigo
¡Felices vacacións! J
J j
¿ |
| N O T ICIAS | |||||||||||||||||||||||||
|
|
Presentación Para ser máis áxiles, e máis capaces de transmitir información de interese para tódolos traballadores e traballadoras da Universidade de Vigo, editamos este Grilo-dixital que inicialmente terá unha periodicidade quincenal. O cambio a este formato débese a facilidade que nos da para , informar, opinar ou criticar sobre calquer tema de actualidade, con rapidez e evitando o traballo de fotocopiar, ensobrar e enviar. Somos conscientes de que este formato ten algunhas dificultades con respecto o papel como son, que o correo electrónico non chega a todo o mundo ( sobre todo en certos servicios atendidos pos PAS-L) e que hai compañeiros e compañeiras reticentes a usar este medio, de todas formas pese a estes problemas nós, que fomos o sindicato pioneiro no uso das novas tecnoloxías coa creación da web de CC.OO., vamos a seguir apostando por estas ferramentas e medios, para darlle máis calidade á nosa acción sindical. No novo formato a parte de informar dos temas relativos a nosa vida laboral e universitaria teremos apartados fixos dedicados a ecoloxía, solidariedade e outros que iremos incorporando.O Grilo impreso en papel (o Grilo de sempre) seguirémolo publicándoo pero imos reservalo para desenvolver temas que pola súa importancia necesiten máis reflexión e máis espacio. |
||||||||||||||||||||||||
|
|
Eleccións á Xunta de Persoal Opasado día 23 de xuño celebráronse eleccións parciais para a ampliación a 11 da Xunta de Persoal de PAS funcionario co seguinte resultado:
Cómpre destacar dúas circunstancias: en primeiro lugar, a baixa participación, cun 31% de abstención; en segundo lugar, os malos resultados de CC.OO. De que se traballou desde CC.OO. non temos dúbidas pero parece necesario mellora-los canais de información para transmitir ese traballo. Felicitamos ós compañeiros da CIG polos seus resultados nestas eleccións. |
||||||||||||||||||||||||
|
|
Comisións apoia o claustro do 12 de xullo Preocupados e implicados na defensa da universidade pública a nosa Sección Sindical apoia a petición de solicitar un claustro para debater o asunto de "Cidade Universitaria S.A. Como xa sabedes o noso apoio manifestámolo a través dun escrito que podedes consultar na nosa web. Esperamos que o debate que se produza na sesión do día 12 sirva os intereses da universidade e da sociedade en xeral. |
||||||||||||||||||||||||
|
|
Oposición de Auxiliares de Servicios O día onde están postas as esperanzas de moitos contratad@s, xa ten hora e lugar. Por fin, despois de 8 anos, vaise celebrar de novo unha oposición de Auxiliares de Servicios. A data escollida, tal e como se publica no DOG do día 3 do mes que andamos, será o próximo 22 de xullo as 11:00 horas na Facultade de Económicas e Empresariais. Coñecemo-la ansiedade e preocupación que teñen moitos compañeiros e compañeiras por superar esta proba, máis nosoutros temos plena confianza na súa capacidade e preparación, e dende aquí, desexámoslles moita tranquilidade e tamén moita sorte. Como sindicato, imos estar atentos para que os problemas que se deron na última oposición de Conserxes, non se repitan, e para que todo o proceso discorra con normalidade. Para minimizar os problemas que se puideran dar o día do exame imos esixir que o xerente, ou unha persoa responsable da área de persoal ou RRHH, estea asesorando e apoiando en todo momento, " a pé de oposición", ó tribunal. Unha proba que convoca a máis de 600 persoas ten que ter, á forza, apoio e presencia da xerencia ó ser esta a responsable máxima de todo proceso de selección. |
||||||||||||||||||||||||
|
|
Congreso da Federación do Ensino
de CC.OO A finais de xuño celebrouse en Ferrol o 6º Congreso da Federación do Ensino de Galicia. Nas asembleas precongresuais dos distintos sindicatos intercomarcais xa se elaborara o material que ese día se discutiu. No que atinxe a universidade, CC.OO. analiza que nos próximos anos se vai a reformar a LRU, o existir un amplo consenso na comunidade universitaria e nas forzas sociais sobre a necesidade de poñer ó día a estructura e funcionamento das universidades. Nós imos a seguir traballando para que a universidade pública, de calidade e o servicio da sociedade se faga realidade. Para isto habemos movernos en tres grandes apartados:
|
||||||||||||||||||||||||
|
|
Asemblea de contratad@s O pasado luns, día 3 de xullo, celebrouse unha reunión co persoal contratado en postos de administración para informar das incidencias na xestión nas listas de agarda. Fundamentalmente trátase do problema xurdido ó aprobarse a Relación de Postos de Traballo de persoal funcionario xa que, o existiren dúas listas plantéxanse as seguintes incidencias:
É preciso deixar claro que a xestión das nosas listas de agarda é unha das máis transparentes das administracións do noso entorno. As incidencias xurdidas coa aprobación da RPT son inevitables dada a complexidade que supón a existencia de dúas listas nun momento de transición (cunha RPT aprobada pero coas prazas aínda sen cubrir, ata a resolución do concurso, xa convocado). Hai que engadir tamén que a normativa que limita as contratacións eventuais a seis meses nun período dun ano contribuiu a complica-la situación |
||||||||||||||||||||||||
|
¿Quen se preocupa pola nosa saúde? CARLOS GUERRA VIDAL* Co gallo do Día Internacional da Seguridad e Saúde no Traballo (o pasado 28 de abril) cómpre facer unha pequena revisión da política en seguridade e saúde levada a cabo pola Universidade de Vigo. A verdade é que a primeira vez que escoitei estes términos me resultaron completamente alleos; traballo como auxiliar administrativo e a maoría das miñas funcións fágoas sentado nunha cadeira diante dunha pantalla de ordenador ¿que risco corre a miña saúde, e polo tanto que riscos teño que previr? Non semella un traballo onde se estea exposto a situacións perigosas para a saúde, mais se un profundiza neste tema verá que as cousas non son tan sinxelas como parecen, por poñer un exemplo sentar nunha postura incorrecta no desenvolvemento do traballo pode producir co tempo lesións lumbares, por non falar dos compañeiros e compañeiras que traballan en laboratorios manipulando calquera tipo de substancias, onde un accidente podería ter consecuencias graves. Non se trata de ser alarmista senón realista (desgraciadamente España está a cabeza da sinistralidade laboral en Europa) e aínda que este campo é novo para a maioría de nós, trátase de previr non de corrixir situacións de risco xa manifestadas. É a lei 31/95 do 8 de novembro e os reais decretos posteriores os que regulan a obriga dos poderes públicos de velar pola seguridade e hixiene no traballo desenvolvida no ámbito das administracións públicas polo R.D. 1488/98 de 10 de xullo. Para que todos teñamos unha idea xeral e sinxela, corresponde á administración, a través dos seus representantes, a protección do traballador fronte ós riscos derivados das condicións de traballo mediante as medidas de acción preventiva axeitadas.Se nos centramos na administración na que traballamos, esta protección deberá artellarse a través dun servicio de prevención propio, dotado de medios humanos e materiais suficientes para cubrir as catro especialidades que recolle a lexislación actual: medicina do traballo, seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada, aínda que a propia lei deixa a posibilidade de que dúas especialidades se contraten cun servicio de prevención alleo. Antecedentes Segundo a información que puiden recoller da actuación en materia de seguridade e hixiene no traballo da Universidade de Vigo desde o ano 1995, data de aprobación da lei de prevención de riscos laborais, esta pódese resumir nos seguintes feitos:
Debemos preguntarnos se esta administración cumpre con todas as obrigas da lei 31/95 de prevención de riscos laborais. A resposta é ben sinxela ,non. Non, porque cinco anos despois de aprobarse a lei e case dous anos despois do real decreto que a desenvolve, nesta Universidade non existe servicio de prevención, non existe un plano de actuacións urxentes, non existe un plano de evacuación para os centros -xa non falemos da realización de simulacros-, non existe un mapa de avaliación de riscos dos postos de traballo, non hai nin siquera un manual de primeiros auxilios nos centros, por non falar doutras obrigas, como é a formación dos delegados de prevención, que ben é autodidacta ou se fai na maioría dos casos de xeito alleo á universidade, e a obriga máis importante como é a información e formación dos traballadores, suxeitos activos desta historia, neste punto cómpre dicir que nalgúns servicios se poden observar medidas de prevención adoptadas polos propios traballadores (por ex.: pequenos repousapés para manter unha posición "ergonómica" que non dane a columna vertebral). En fin, parafraseando a un coñecido político, a Universidade de Vigo en materia de seguridade e hixiene no traballo "cero patatero". Situación actual Podemos definila como o comezo da viaxe cara á consecución dunha verdadeira política de prevención e protección do traballador fronte ós riscos laborais existentes. Despois dunha exposición de motivos moi razoada e razoable (atendendo á situación da que partimos) dun dos representantes da administración no Comité de Seguridade e Saúde, este órgano informou favorablemente (por unanimidade) a proposta da administración de sacar a concurso público tres especialidades e dotar unha praza na RPT laboral deste ano para que se faga cargo da outra especialidade, praza que será o embrión do futuro servicio de prevención propio, que como mínimo contará con dúas especialidades xa para o curso académico 2000-2001. Se temos en conta a situación actual en materia de seguridade e saúde da Universidade de Vigo, que é parecida á doutras universidades e admnistracións públicas, mal de moitos consolo de tontos, semella a decisión máis razoable, aínda que sempre me quedará a dúbida de se chegados a este punto hai que seguir sendo tan razoable, supoño que esta capacidade para razoar é unha das características que nos diferencian doutros animais. Con esta decisión penso que se crean por fin, mágoa do tempo perdido dificil de recuperar, as condicións para que se fomente por parte da administración universitaria unha cultura de prevención entre os traballadores desta universidade (como dixen antes mediante a formación e a información) e para que coa participación de tódolos membros da comunidade universitaria se protexa de xeito máis efectivo o traballador ( tomando as medidas de acción preventiva axeitadas á naturaleza dos riscos detectados) coa conseguinte mellora nas condicións de traballo. *Carlos Guerra Vidal é delegado de prevención no Comité de Seguridade e Saúde da Universidade de Vigo en representación do PAS funcionario Para máis información consultar a páxina web http://www.uvigo.es/webs/ccoo/index10.htm |
|||||||||||||||||||||||||
|
A finais de xuño, un compañeiro de Ourense a través dun correo a "comunidade", informábanos da emisión dunha sentencia o seu favor, que obriga á universidade a abonarlle parte da paga de productividade que no seu día non recibiu por estar 135 días de baixa. Contra esta sentencia do xulgado do social número un de Ourense non cabe recurso algún. A paga de productividade ou compensatoria, comenzamo-la cobrar os laborais fai uns anos, tras estar pechados algúns membros do Comité sete días no rectorado. Sen quitarlle a razón ó compañeiro demandante e respectando o criterio (sempre interpretativo) do xuíz, aqueles que coñecemo-los orixes desta retribución extra, temos claro que naceu como paga de productividade e non nos parecía lesivo para os traballadores e traballadoras que a empresa descontara os días de IT. Este dereito non se recollía en Convenio porque os únicos que cobrabamos este diñeiro eramos @s traballador@s da universidade de Vigo. Polo que se conta na xerencia, a empresa acata o que di o xuíz, máis entende que outros traballadores/as que por analoxía queiran beneficiarse desta sentencia, terán que facelo pola vía xudicial. A productividade dará aínda moito que falar e no próximo convenio teremos que recoller, nalgún artigo, que é e como se percibe este concepto. |
|||||||||||||||||||||||||
|
Convenio Colectivo da Universidade da Coruña A Universidade da Coruña xa ten o seu Convenio Colectivo propio. Malia que tódolos sindicatos (e incluso o famoso Informe Bricall) seguimos a defender o convenio de ámbito autonómico nas nosas declaracións institucionais, a realidade é que en Galicia teremos tres, un por universidade. Deste novo Convenio nós destacariamo-los seguinte aspectos: En clasificación profesional desaparece o grupo V e o IV queda dividido en dous: o IV a) e o IV b). , coa conseguinte mellora económica. A valoración do concurso de traslado queda redactada, o noso entender, de forma ambigua pois unicamente di: "Baremarase a adecuación ó posto e a antigüidade na categoría". No apartado de licencias hai melloras considerables: vinte días por matrimonio, catro días hábiles en caso de divorcio ou separación, sete días naturais por enfermidade grave ou morte do cónxuxe, persoa coa que se conviva maritalmente ou fillo. En asistencia social destaca a gardería infantil e as 20.000 ptas. mensuais de axuda os fillos ou ascendentes de primeiro grao de consanguinidade , diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, sempre e cando os ingresos que teñan non superen o salario mínimo interprofesional. E por último, sinalamos o plus de convenio: 50.000 ptas. anuais durante o vixencia do mesmo, e unha paga de 82.080 ptas. a tódolos/las traballadores/as contratados/as que leven máis de tres anos de servicios prestados. Como curiosidade é digno de comparar o plus do xefe do parque móbil, o máis alto da táboa (1.315.992 Ptas/ano) cos pluses que teñen outros responsables. |
|||||||||||||||||||||||||
|
Xunta de
Galicia:Oposicións sen concurso E agora, como se quixeran remediar o escándalo do pasado fan convocatorias sen concurso. Nós, temos claro que nestes asuntos o máis importante e intentar ser xustos e non se pode pasar dun extremo a outro. Hai que buscar un equilibrio entre os intereses d@s traballador@s eventuais e @s traballador@s que aspiran lexitimamente a ocupar unha praza de funcionarios ou laborais na administración. O que está a pasar na Xunta debe de servirnos de reflexión, e na nosa universidade, temos que seguir marchando polo camiño que permite que un/unha traballador/a eventual, obteña beneficios polo tempo traballado, e que un/unha opositor/a, sen puntos, teña fundadas posibilidades de conseguir unha praza fixa. |
|||||||||||||||||||||||||
Henrique Salas, funcionario da Xunta de Galicia denuncia a Manuel Fraga Iribarne por escribir o epílogo do libro de Juan Luis Beceiro "A mentira histórica desvelada", onde se nega o holocausto nazi, ó que o autor cualifica de lenda negra creada polo sionismo internacional. O denunciante alega que o actual Presidente da Xunta, colabora co autor dun cuádruple xeito: Fai a presentación do libro na Casa de Galicia en Madrid, centro dependente da Xunta, escribe o epílogo do libro no que felicita ó autor, o libro véndese cunha faixa que anuncia a colaboración do Sr. Fraga, e fai que a propia Xunta adquira 300 exemplares ó prezo de 5000 pts. A denuncia solicita que se abran dilixencias encamiñadas a comprobar os feitos denunciados e pide que se decomisen os libros, incluídos os 300 mercados por Fraga. Manuel Fraga, o único dirixente político da Europa actual marcado polas súas importantes responsabilidades nun réxime fascista, estase a especializar en declaracións de corte antidemocrático, basta lembrar o súa moi positiva valoración do dictador Francisco Franco, a descualificación moral das relacións de parella non consagradas por un vínculo matrimonial destinado á procreación e a consideración como anécdota irrisoria o intento de encausar a Pinochet por parte do xuíz Garzón. Henrique, que como xa dixemos é funcionario (grupo E) da Xunta está obrigado, se quere seguir adiante co proceso aberto, a facer un gran esforzo persoal e económico, se queres prestarlle axuda ou poñerte en contacto con el podes facelo a través do seguinte enderezo electrónico: henrique-salas@yahoo.es |
| S O L I D A R I EDADE | |
|
Petición de xuicio pola masacre de Eldorado dos Carajás O 23 de xullo de 1993, foron asasinados en Rio de Janeiro, sete nenos que durmían ó aire libre diante da igrexa da Candelaria. Diversas organizacións de dereitos humanos están a solicitar que se sinale día para celebra-lo xuízo. Para facer forza, por favor enviade copia da carta as institucións do Brasil que se indican. Enviar a: Presidente Fernando Henrique Cardoso; Ministro Dr. José Grégori; Ministro Raul Jungmann; TJE do Pará, Presidente José Alberto Maia; Governador Almir Gabriel.
|
|
| .. | E C O L O X Í A | |
| Programa antídoto |
Fonte: Ecoloxistas en Acción |
|
|
O Programa Antídoto é unha ferramenta, ó servicio de tódalas ONGs e institucións que o requiran, para ser empregada contra o uso ilegal de veleno. Esta iniciativa nace da preocupación crecente de varias entidades pola repercusión catastrófica que, sobre a vida silvestre e, en especial, sobre importantes especies ameazadas, está tendo novamente o uso masivo de veleno no campo. A urxente necesidade de unificar esforzos, para loitar coordinadamente contra esta práctica, plasmouse na creación dun Programa de actuación onde cada entidade aporta a súa experiencia no tema, definindo obxectivos e propondo liñas de acción. O resultado desta unificación de criterios e obxectivos é o Programa Antídoto, co cal se pretende frear o uso de veleno, dar a coñecer a sociedade a envergadura deste grave problema e desenvolver os traballos necesarios para erradicar unha das actividades ilegais que máis impacto teñen no medio natural. |
||