| CRONOLOXÍA DE TODO O PROCESO | ||||
| DATA | ASUNTO | DIRIXIDO A: | REMITENTE | NOTAS |
| Marz03 | Reunións co Vicerrector | Representantes dos traballadores entrevístanse co vicerreitor para coñecer os planes da OFOE | ||
| 31/03/03 | Cese 5 Orientadoras OFOE. | |||
| 15/04/03 | Peche Momentáneo da Oficina de Orientación Laboral (OFOE) | Xerencia, Vicerreitor Relacións Institucionais | Comité Empresa PO | O CE solicita a renovación de tódolos contratos por un novo período (11 meses) |
| 25/04/03 | Reclamación por despido de 3 das traballadoras afectadas | |||
| 26/04/03 | O Vicerrector confirma reducción de persoal (5 a 3)e NOVA SELECCIÓN de Persoal. | Non se argumenta a necesidade de REDUCCIÓN nin o por qué dun NOVO PROCESO de SELECCIÓN | ||
| 05/05/03 | Fin do prazo para renovar subvención da Xunta | |||
| 11/05/03 | A UVigo solicita a subvención |
Faise fora de prazo NON se propoñen candidatos. Proponse reducción de 5 a 3 Propoñen nova selección |
||
| 13/05/03 | O CE nomea representante para a o novo proceso de selección | |||
| 19/05/03 | O CE solicita que se respecte o baremo e a prelación da selección anterior. | Xefe RR HH UVigo | C.E. PO | |
| Xuño 03 | Solicitude o INEM de currículos | INEM | Vicerreitor RR II | Faino sen consultar a Comisión de Selección. |
| Solicitude máis currículos coa pretensión de incluir a tódalas ex orientadoras | INEM | Vicerreitor RR II | A directora da oficina négase e suxírelle que seleccióne de entre os 23 currículos que lle enviaron | |
| O presidente do CE PO fala telefónicamente coa directora do INEM e coñece os planes do Vicerreitor | ||||
| 09/07/03 | Proceso paralelo de Solicitude de Currículos coa intención de meter no proceso as candidatas dos vicerreitor. | comunidade@uvigo.es | Servicio de RR.HH. |
Solicítanse DESEMPREGADOS |
| 23/07/03 | Convocan 1ª reunión Comisión de Selección | Membros do Comisión de Selección | Presidente da Comisión de Selección | |
| 28/07/03 | Solicitude de Interrupción do proceso por diferencias na información solicitada | Presidente da Comisión de Selección (Vicerrector de RR.II.) | Representación Sindical | Os currículos enviados polo INEM so recollen os ÚLTIMOS 5 ANOS de EXPERIENCIA LABORAL, polo que se solicita que sexan enviados de novo sen esta limitación, xa que os recollidos por RR.HH. na convocatoria enviada a lista de comunidade@uvigo.es NON teñen esta limitación. |
| 05/08/03 | Convocan 2ª reunión Comisión de Selección | Membros do Comisión de Selección. | Presidente da Comisión de Selección | Faise con MENOS de 24 horas de antelación. |
| 06/08/03 | Reunión da Comisión de Selección |
Xoán Leiceaga presenta un
baremo de clara orientación
PDI para facer a selección. |
||
| A representante do CI mostra por escrito o seu desacordo co baremo escollido por terxiverxar o espíritu da convocatoria. | Presidente Comisión de Selección. | Representación sindical para anexar a acta. | ||
| A representante do CI solicta por escrito que na selección se teña en conta a Lei de Incompatibilidades da Función Pública. | Presidente Comisión de Selección. | Representación sindical para anexar a acta. | ||
| Faise a preselección de 6 currículos de entre 48. |
A representación sindical NON
asiste a esta parte da sesión
Na acta deste día non figura nin o proceso de baremación nin o criterios empregados para facer a preselección. |
|||
| 07/08/03 | Convocatoria TELEFÓNICA dos 6 pre-seleccionado para unha entrevista |
Son convocados dun día para outro
con menos de 24 h. de antelación Non se convoca a representante sindical |
||
| 08/08/03 | Proposta de Provisión das 3 prazas da OFOE |
NON existe ACTA das entrevistas feitas. A proposta e asinada polo Presidente da Comisión e por Xoán Leiceaga, sen que medie reunión da Comisión nin fosen convocados os seus membros. |
||
| 08/08/03 | Discrepancia co baremo | Presidente C. Selección | Representación Sindical | VOTO PARTICULAR |
| 12/08/03 | Tres das 6 preseleccionadas presentan reclamacións contra a proposta de provisión das 3 prazas da OFOE | Presidente C. Selección | ||
| 02/09/03 | 3ª Reunión C. Selección | Membros C. Selección | Presidente C. Selec | Achénganse copias da proposta de provisión, das reclamacións e das notas dos 48 currículos baremados. |
| 02/10/03 | Reunión da C. de selección. | Toda a comunidade | .Pleno CI | Escrito de apoio á representante do CI na C. de Selección. |
| 03/09/03 |
A representante do CI manifesta que existen graves defectos de forma ó longo do proceso e suxire suspendelo e comezar de novo para subsanalos.Os outros membros acceden a realizar unha consulta ó Servicio de Asesoría Xurídica da Universidade. Ata non obter resposta o proceso queda novamente interrompido. O proceso aprázase ata outubre polas vacacións. Graves defectos de forma na Convocatoria.
|
DEFECTOS DE
FORMA: |
||
| Setb. 03 | Escrito representante CI | Presidente C. Selección | Represent. CI | Preséntase escrito detallado das posicións mantidas na 3ª reunión. Descríbensen pormenorizadamente os defectos de forma |
| 2/10/03 | Acordo do Pleno do CI | Xerente / Vicerreitor | A comunidade | No escrito solicítase unha entrevisrta co vicerreitor. Este escrito está sin contestar. |
| 4/12/03 | Recurso de reposición | Universidade de Vigo | Candidatas afectadas | O Recurso baséase sobre todo no incumprimento do principio de publicidade.Tres traballadoras afectadas polo peche da oficina presenta días máis tarde sendos recursos de reposición |
| 30/12/03 | Contestación a requerimento da Xerencia | Candidatas afectadas | Xerente UVigo | Na contestación especifícase claramente que o que se está a impugar é a convocatoria publicada en "comunidade", así como o proceso selectivo que se deriva da mesma. |
| 7/01/04 | Contestación da UVigo a recurso de reposición | Xerente | Candidatas afectadas | Na contestación din que como foron admitidas, non parece que o procedemento seguido na tramitación da oferta lles causara ningún prexuízo en termos de igualdade e concorrencia. Recoñecen que o anuncio non pode considerarse como unha convocatoria propiamente, pero aínda así, o prazo para recorrela en vía administrativa tería concluído o 9 de agosto. |
| 23/01/04 | Solicitude informe xurídico | Xerente, Xefe RR HH, Asesoría Xurídica, Presidente C. Selección. | Representante CI | No mesmo escrito solicita unha reunión da C. de Selección |
| 05/02/04 | Escrito do CI | A tódala comunidade | Pleno CI | Solicitude de entrevista co Vicerrector de RR II |
| Feb 04 | Nova solicitude do informe | Xerente, Xefe RR HH, Asesoría Xurídica, Presidente C. Selección. | Representante CI | |
| 19/02/04 | Petición información | Xerente UVigo | Secretario CI | Escrito no que se solicita información sobre a relación laboral que manteñen ex traballadoras da OFOE |
| 27/02/04 | Contestación escrito Secretario | Secretario CI | Xerente | Na contestación o xerente di que ningunha das ex traballadoras mantén relación contractual coa UVigo. Dá unha relación de persoas que están a traballar no proxecto EQUAL (na que tampouco aparecen). Non di nada do Programa EUREX |
| 02/03/04 | Escrito do CI | A tódala comunidade | Pleno CI | Escrito instando á UVigo a solicitar a subvención da Xunta. |
| 22/03/04 | Petición información: De novo o secretario solicita a información que lle foi enviada incompleta. | Xerente UVigo | Secretario CI | Escrito sin contestar |
Sección
Sindical de CC OO Universidade de Vigo
© 2004
Sección
Sindical UGT Universidade de Vigo