Compostela, 29 de
maio de 2003
TRAMOS
RETRIBUTIVOS AUTONÓMICOS PARA O PROFESORADO UNIVERSITARIO
A PROPÓSITO
DO COMUNICADO DA ASOCIACIÓN GENERAL DE PROFESORES TITULARES DE
UNIVERSIDADE (AGPTU).
Hai uns días, esta asociación
informou á comunidade universitaria
do resultado dunha xuntanza coa Consellería de Educación
na que lle expuxeron a súa proposta de tramos retributivos autonómicos
para o profesorado universitario galego. A este respecto cómpre
comenta-lo seguinte:
Primeiro-. As centrais sindicais que teñen lexitimidade para negociar
coa Xunta de Galicia (CC.OO., UGT, CIG e CSI-CSIF) están negociando
con esa administración a aplicación destes complementos
retributivos para o profesorado universitario galego a partir dunha proposta
unitaria presentada en xullo do ano 2002. A partir dese momento, tivemos
varias xuntanzas negociadoras, a última delas o pasado mes de abril.
Nesta última, a Consellería presentounos a súa
proposta , que CC.OO.
e o resto dos sindicatos consideramos inasumible. Acordamos enviarlle
unha contraproposta e
quedamos emprazados para unha nova xuntanza negociadora, pendente neste
momento de concretar pero que será de aquí a pouco.
Segundo-. A AGPTU non ten lexitimidade negociadora coa Xunta de Galicia
(non ten a condición de sindicato máis representativo).
Por iso, a súa actuación diante da Xunta de Galicia debilita
a posición das centrais con lexitimidade para negociar e entorpece
as negociacións en marcha. Por se iso non abondase, as propostas
de AGPTU son inferiores ás que ofrece a propia administración.
Secretaría
de Universidades de CC.OO. de Galicia.
|